Temas: VALDOVIñO

Un castro conseguiu paralizar un megaproxecto urbanístico en Valdoviño

Unha constructora pretendía facer 69 chalés nunha fermosa península na que se atopaba o castro da Frouxeira. A pesar de ser un elemento catalogado, o concello permitiu a urbanización. Un longo proceso xudicial de doce anos puxo fin á especulación.

Por Galicia Confidencial | Valdoviño | 23/04/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Un poboado fortificado situado no extremo leste da praia da Frouxeira, en Valdoviño, resistiu como a aldea gala de Asterix e Obelix durante doce anos. Unha resistencia numantina froito da denuncia presentada por Adega para evitar que se consumara un novo megaproxecto urbanístico.

A pesar de ocupar toda unha península, ter varias liñas defensivas e de estar catalogado, a constructora Construcciones Rías Gallegas SA proxectou sobre el unha urbanización en plena burbulla imobiliaria. Unha operación que contou co visto e prace do concello que en 2005 aprobou o proxecto de urbanización "Unidade de Actuación nº 2 de A Saiña".

A organización Adega impugnou nos tribunais a norma urbanística e o proxecto constructivo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de darlle a razón 12 anos despois e declarou ilegal a urbanización de 69 adosados que se querían facer enriba do castro. Máis no portal Historia de Galicia.

Castro da Frouxeira, en Valdoviño, ameazado pola construcción dunha urbanización
Castro da Frouxeira, en Valdoviño, ameazado pola construcción dunha urbanización | Fonte: Galipedia

Temas: VALDOVIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Abelardo X del Caño

Menos mal! por una vez a xustiza é xusta!!!!