Abel Caballero insiste en que a de Cíes é a única candidatura viable a Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo reitera que o proxecto da Xunta, que inclúe todo o conxunto das Illas Atlántica, "vai caer" porque non todas as illas "reúnen as condicións" esixidas pola Unesco.

Por E.P. | VIGO | 23/04/2018 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou que a proposta da Xunta 'Cíes-Illas Atlánticas', para que o conxunto do Parque Nacional das Illas Atlánticas sexa considerado Patrimonio da Humanidade, "vai a caer" porque non todas as illas "reúnen as condicións" esixidas pola Unesco. Así o dixo ao mesmo tempo que o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitaba as Cíes para promocionar a candidatura impulsada pola Xunta.

Vigo presenta campaña das Cíes en Fitur
Vigo presenta campaña das Cíes en Fitur

Caballero apuntou que a Xunta promociona a candidatura cunha visita a este arquipélago "porque si será Patrimonio da Humanidade". O mandatario olívico matizou que a formulación da Xunta non lle parecería mal, se non fóra por que "algúns arquipélagos non reúnen as condicións", afirmou. "As que teñen calidade e reúnen os requisitos son as Cíes", mantivo.

O alcalde insistiu en que a Administración autonómica sabe que non todas as illas reúnen os criterios pero presentou a súa proposta "porque quixo parar" a candidatura viguesa, que limita a petición unicamente ás Cíes. "É a peor forma de facer política: obstaculizar, impedir, parar...", remarcou.

Na mesma liña, augurou que cando a Unesco vexa "que tal illa non reúne condicións, vai caer a candidatura enteira; é máis, non vai chegar nin a ser candidatura", ao que engadiu que "non se pode facer unha candidatura en contra". "Iso é Feijóo en estado puro", concluíu.

A candidatura da Xunta foi incluída o pasado mes de outubro na lista indicativa polo Consello de Patrimonio Histórico Español e en marzo foi rexistrada na lista da Unesco, na que terá que permanecer un ano antes de seguir co procedemento. Pola súa banda, o Concello segue adiante coa súa propia candidatura, que se circunscribe só a Cíes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta