Temas: SAúDE SEXO SERGAS

O PP ve "razoable" retirar o folleto do Sergas que inclúe a 'marcha atrás' como método anticonceptivo

En Marea e PSdeG piden á Xunta que cambie esa guía. A Consellería de Sanidade atribúe ao bipartito a orixe do folleto, en 2008, aínda que despois foi actualizado polo Goberno de Feijóo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2018 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade explicou este luns que "son expertos xinecólogos" os que "inclúen" os métodos anticonceptivos no que define como unha "guía descritiva" publicada "por primeira vez en 2008" co goberno bipartito "cos socialistas" no departamento autonómico sanitario, e actualizada en 2010 co PP na Xunta, que inclúe a 'marcha atrás'. Así o manifestou o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, en relación a un folleto que a oposición pide a súa retirada por incluír a 'marcha atrás' como método anticonceptivo.

O Sergas aconsella a marcha atrás como método anticonceptivo
O Sergas aconsella a marcha atrás como método anticonceptivo | Fonte: Pilar Fernández.

"É unha guía descritiva dos métodos anticonceptivos. Non se recomendan, dise os que hai", subliñou Aboal, quen lembrou que se publicou "por primeira vez" en 2008 e logo foi actualizado en 2010 cun "grupo de expertos".

Deste xeito, insistiu en que os expertos enumeran os métodos en base a criterios de "eficacia, uso correcto e se evita ou non enfermidades de transmisión sexual". Por iso, reiterou que o folleto criticado pola oposición "é unha guía que describe ese método (marcha atrás) como anticonceptivo". "Non o estamos recomendando", aclarou o director xeral.

Preguntado sobre se a modificarán, Aboal explicou que teñen previsto "actualizala" e incorporar novas terapias". "Será tamén unha guía descritiva", abundou.

Con todo, o director xeral aclarou que se trata dunha "guía descritiva da realidade" e "en ningún momento apoia un ou outro". "Como as guías fanas expertos, deciden o que se inclúe ou non", sentenciou. "Non vai ser unha guía de recomendacións, senón de recollida de métodos que existen na actualidade", sentenciou.

GRUPOS PARLAMENTARIOS

Pola súa banda, En Marea e o PSdeG reclamaron á Xunta que retire o folleto informativo colgado desde 2010 na páxina web do Sergas no que figura a 'marcha atrás' ou 'coito interrompido' como método anticonceptivo, unha petición que ao portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, parécelle "razoable".

O catálogo, datado en abril 2010, xerou críticas nas redes sociais ao longo da pasada fin de semana e, na mañá deste luns aínda pode consultarse no portal do Sergas dentro do apartado de 'Métodos Anticonceptivos'.

Nel figura o 'coito interrompido' ou 'marcha atrás' como método para evitar embarazos cunha eficacia, segundo o folleto, "do 73 ao 96 por cento", aínda que se aclara que non protexe de contraer unha enfermidade de transmisión sexual (ETS).

Cuestionados sobre o asunto este luns, tanto PSdeG como En Marea solicitaron ao Goberno galego que procede a eliminar o folleto informativo. O portavoz dos socialistas na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, ironizou con que a Xunta debe "dar marcha atrás" e eliminar eses folletos para "centrase nos métodos anticonceptivos cientificamente probados".

As Xuventudes Socialistas presentaron a campaña 'Protéxete contra a dereita' cun cartel no que se poden ver espermatozoides, un deles co rostro do presidente da Xunta.

Mentres, o viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, tamén reclamou que sexan borrados do sitio web do Sergas, á vez que indicou que a Consellería de Sanidade "debería dar explicacións respecto diso".

Pola súa banda, Pedro Puy, do PPdeG, dixo "descoñecer" a situación e as circunstancias da polémica, pero que lle parece "razoable" a petición dos grupos da oposición de retirar o folleto.

Temas: SAúDE SEXO SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 SS-ergas catolicon

para os teóricos do opusday o importante non e o corpo, xa o dixo o Papa, o importante non e o corpo sinon salvar a ialma pecadora, redimir a ialma da sexopatia, mais dun por mes e pecado de grave lascivia, imos morrer do sidazo, da hepatite, da sífilis, da gonorrea, moito é pornógrafo de coito rápido e sen consecuencias empreñadoras, e que bonito e encher o mundo de fillos, xa o di a biblia "crecede e multiplicaros e domeñar o mundo e os seus seres" (debe ser un dos mais nefastos apostolados castrenses do mito xudaico), o Papado queren fillos anque pasen fame, estamos para padecer, non para regodearse en placeres mundanos, mesmo o SS-ergas, (versión escola opusday), e non os parece o mais correcto queridísimos irmaos na fe catolicona, falar encontra das pallas desde o punto de vista de desgaste do órgano, da vista, e da psicoloxia; de seguires asi incluso poden facer medica "horroris causa" a deputada do podreiro de europa a lidia chiripas a antivacinas a bruxa apocimas

2 Sanchez

Cabezas pensar, que INEPTITUDE...

1 estan recortando os PP

"hoxtiasputas" coma están no SSergas, os sabios ises da bata branca, e a marcha atrás da marcha atrás, e non recomendaran estes listos o anal, ten unha fiabilidade do 100% tamen protexe de enfermedades de transmisión "heterosenxual" pero que listos son, claro como o catolicón-vaticano opusdeista que os inspira, esta en conta do condon por pecado mortal da ialma, pois nada os embarazos non desexados e os sidazos, non son mais que subproductos... para que preocuparse...