Antonio López será o novo reitor da USC logo de obter máis do 60% do voto ponderado

Logra gañar a Juan Viaño no seu segundo intento catro anos despois de perder por escasa marxe

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2018 | Actualizada ás 22:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O catedrático de Dereito Financeiro Antonio López --Barreiros (Lugo), 1964-- será o novo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) logo de obter máis do 60% do voto ponderado --a falta do reconto en dúas mesas de 25--, fronte ao seu adversario e actual responsable da institución, Juan Viaño.

Candidatura Antonio López USC
Candidatura Antonio López USC | Fonte: Europa Press

Deste xeito, Antonio López converterase en reitor no seu segundo intento catro anos despois de perder as eleccións de 2014 nas que gañou Viaño por escasa marxe.

Antonio López propuxo un "cambio de rumbo" na USC baixo a lema de campaña 'Xa!', con atención á contratación e estabilización do profesorado, melloras laborais, abrir as portas a alumnos estranxeiros e apostar por facer os graos máis atractivos.

A proclamación provisional do reitor electo producirase o 26 de abril, cun prazo entre o 27 e o 2 de maio para a presentación de recursos ante a Comisión Electoral. A proclamación definitiva será o 7 de maio.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta