Temas: INDUSTRIA XUNTA

A Xunta activa o negocio eólico

Xa hai 21 novos parques. Muxía terá en funcionamento dous novos no verán con 68 megavatios instalados. O PP acelera estas iniciativas tras a polémica lei cualificada pola oposición como de "depredación industrial".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O concello de Muxía (A Coruña) terá en funcionamento dous novos parques eólicos este verán, con 68 megavatios instalados, por un investimento estimado de 68 millóns de euros e a creación de máis de 200 postos de traballo durante a súa construción, segundo avanzou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

El conselleiro de Economía, Francisco Conde, en el pleno
El conselleiro de Economía, Francisco Conde, en el pleno | Fonte: Europa Press

Conde compareceu a petición propia este martes no pleno do Parlamento galego para dar conta das directrices enerxéticas de Galicia 2018-2010, que foron presentadas ao Consello da Xunta o pasado 8 de marzo.

Na Cámara autonómica, o conselleiro informou de que hai 21 novos parques eólicos "xa declarados de especial interese", que suporán, segundo os seus números, 543 millóns de investimento, 500 megavatios de potencia eólica e 7.000 empregos durante a súa construción, polo que o eólico, segundo dixo, terá "especial protagonismo" dentro das mencionadas directrices enerxéticas ata 2020.

Uns proxectos que o Goberno galego impulsou logo da aprobación da polémica Lei de Fomento de Implantación Empresarial que permite axilizar todos os trámites, incluídos os de tipo ambiental e patrimonial. Unha norma que foi cualificada pola oposición como "lei de depredación industrial".

Parque eólico de Malpica
Parque eólico de Malpica
Temas: INDUSTRIA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta