Importantes movementos no accionariado de medios de Galicia

O ex conselleiro delegado do Grupo Voz e fillo do seu propietario, Emilio Rey, entra no medio catalán Economía Digital, mentres que o director de El Correo Gallego, José Manuel Rey Nóvoa, asume a presidencia do grupo Editorial Compostela. Xorde un novo medio colaborativo en Internet, adiante.gal .

Por Xurxo Salgado | Compostela | 30/04/2018 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O panorama mediatico de Galicia está en movemento. Nos últimos días houbo importantes cambios no accionariado dalgunhas empresas e xurdiron novos xornais, algúns aínda por chegar nos vindeiros días. Así, Emilio Rey Berguer, ex editor e conselleiro delegado do Grupo Voz e fillo do seu propietario e actual editor, Santiago Rey, chegou a un acordo con xornal Economía Digital, editado polo grupo catalán ED, para adquirir un paquete de accións, tanto na súa edición galega como na empresa matriz.

Emilio Rey, Juan García e Joaquín Evia tras a sinatura da incorporación ao accionariado de Economía Digital do primeiro
Emilio Rey, Juan García e Joaquín Evia tras a sinatura da incorporación ao accionariado de Economía Digital do primeiro | Fonte: ED

Grazas a esta nova colaboración estratéxica, o empresario galego farase cun unha participación de Economía Digital Galicia equivalente ao 50% do seu capital. Segundo publicou este medio, Rey di que a publicación económica “adecuase á súa forma de entender o xornalismo, pola súa independencia, veracidade e rigor, abordando asuntos desde unha perspectiva propia e diferenciada con respecto aos medios xeneralistas”.

A porcentaxe restante de participación seguirá tomando forma de activo do grupo de Economía Digital. A gobernación do medio, pola súa banda, pactouse entre ambas as partes, aínda que non se detallou o papel que xogará cada un na toma de decisións relativas á cabeceira. “Sumámonos ao proxecto para apontoar a fase de crecemento”, dixo Rey Berger que contará nesta nova etapa co seu socio Joaquín Evia Vázquez, antes director xeneral do Grupo Voz. 

MATRIZ DO GRUPO

Pero o fillo de Santiago Rey –expulsado da dirección de La Voz de Galicia polo seu pai e co que mantén un enconado enfrontamento-- non só entrou no accionariado da filial galega, senon tamén na delegación central como socio accionista e novo conselleiro nos órganos de dirección. Neste caso, a súa participación é minoritaria, recaendo en Juan García -editor e fundador de Economía Digital- o posto de accionista maioritario.

José Manuel Rey Novoa
José Manuel Rey Novoa | Fonte: lacapitalmd

Precisamente, García asegurou que esta “operación supón o respaldo pechado dun dos grandes nomes propios dos medios de comunicación españois e o recoñecemento aos logros acumulados ata agora”.  Segundo o propio medio, Economía Digital pechou o pasado exercicio “cuns beneficios marca”. E os ingresos xerados con esta operación xa teñen un obxectivo: incrementar os lectores do diario dixital.

GRUPO ED

Economía Digital ten na súa oferta xornalística un conxunto de sites con edicións especializadas, que se unen ao portal orixinal, e producen desde Barcelona, Madrid e A Coruña. A audiencia combinada dos portais de Economía Digital alcanza os 3,4 millóns de lectores por mes.

O proxecto fundouse en Barcelona o 15 de novembro de 2008 e no seu capital participaron Francesc Moreno e Juan García. No entanto, non foi ata o verán de 2010 coa chegada do xornalista Xavier Salvador á dirección e ao capital da sociedade editora cando empeza a ter mínima relevancia informativa.

A oferta orixinal ampliouse cara ao ámbito turístico e o deportivo. Tamén se fundou unha edición específica de Economía DiGital para Galicia. Ata agora, a última ampliación tivo lugar en 2016 co lanzamento de ED Libros, selo editorial especializado en ensaios de economía e política. En paralelo constituíuse Economía Digital Ideas, centrado en artigos de análises e debates de alcance.

MOVEMENTOS EN EL CORREO GALLEGO

Por outra banda, tamén houbo movementos en El Correo Gallego, un dos medios galegos que leva anos en serios problemas económicos e con numerosas nóminas atrasadas sen pagar aos seus traballadores.  

De feito, e tras algunha operacion frustrada de compra o, ata agora director e conselleiro, José Manuel Rey Novoa asume a presidencia do Grupo Compostela, editor do xornal, en substitución e Fernando Barrera Morate. Rey Novoa releva, deste xeito, á familia Barreira –actual propietria do grupo de comunicación--, na cabeceira do grupo. Só un membro desta familia, Fernando Barrera, queda como conselleiro.

É o segundo gran cambio que se produce neste grupo nos últimos meses. De feito, o propio José Manuel Rey Novoa, asumira xa a vicepresidente da compañía en setembro en substitución doutro membro da familia fundadora, Manuel Cabrerizo Barrera.

Segundo fontes consultadas por GC, o grupo chegou a barallar unha oferta de compra do xornal que non saíu adiante, precisamente, polas diferencias entre a familia Barrera e cargos directivos do xornal sobre as remuneracións económicas e o seu papel no futuro grupo. O Grupo Araguaney tería sido unha das corporacións que estaría detrás desta iniciativa.

NACE UN NOVO MEDIO COLABORATIVO

Por outra banda, este luns nace adiante.gal, un xornal cooperativo en galego que “busca outra maneira de contar o país desde un xornalismo lento e teimudo”. Trátase dun xornal de entrevistas, opinións, reportaxes e análises impulsado por Adiante S. Coop Galega, unha cooperativa de traballo asociado constituída por tres socias e aberta a novas achegas. A iniciativa xornalística súmase a El Salto Galiza, que saíu hai uns meses. Tamén nos vindeiros días daranse a coñecer novos proxectos comunicativos en Galicia.

“Somos cooperativa porque o modelo cooperativo permite unha construción colectiva do proxecto adiante.gal, porque queremos medios de comunicación propios e porque entre todas queremos conformar unha estrutura democrática para facer xornalismo e o modelo cooperativo concédenos a cada socia un voto, independentemente do investimento”, indican as impulsoras.

“Un modelo cooperativo construído entre xornalistas e lectoras desde a horizontalidade no só garante a independencia senón tamén sitúa o poder da comunicación en mans da xente. E cando todas esteamos incluídas na conversa, quizá sexamos quen de comprender as forzas que dan forma ao noso mundo”, engaden.

adiante.gal pénsase coma un espazo onde público e informadoras “cooperan, deciden, axudan, xeran comunidade, transforman e constrúen valores fornecedores das relacións humanas futuras”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 anonimo

La Xunta ha iniciado contactos con Emilio Rey y Joaquín Hevia para vigilar la compleja transición de poder en La Voz de Galicia. Feijoo está visiblemente enfadado con los permanentes caprichos editoriales de Santiago Rey y desea que en el futuro la relación de La Voz con el Gobierno gallego no obedezca a la política de ordeñar con cada contenido para captar subvenciones y ayudas, algo que practica La Voz desde hace más de 40 años. Emilio Rey, reconciliado ya con su hermano Santiago, no oculta que la familia Rey Berguer va a pleitear hasta el final por su parte en La Voz y por tomar las riendas del diario gallego en un futuro no muy lejano.

5 Cachimba do indio

Puro lixo... Lixo puro

4 cansendono

Sempre os mesmos ao servizo da dominación española

3 Simón

Ao contrario do que debera ser, os medios de comunicación galegos, públicos e privados, están as ser un lastre para a modernización e funcionamento democrático de Galicia. Agás alñunha que outra excepción minoritaria, como e GC, o resto dosw medios están a ser gobernados por persoas que desprecian o periodismo e xogan á política de modo indecente.

2 Gamela

De momento só GC é quen de informar dos novos medios de comunicación... Grazas