O expediente da mina O Pino-Touro chega á Valedora do Pobo

Representantes de diversas organizacións vinculadas contra a apertura da mina O Pino-Touro, reuniranse mañá na oficina do Valdor do Pobo. As organizacións piden acceder ao expediente administrativo da mina.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2018 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

Corenta colectivos, entre eles a Plataforma pola Defenda da Ría de Arousa e a Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non, solicitaron unha reunión coa Valedora do Pobo,  que se celebrará este xoves ás dez e media da mañá. O obxectivo é que a Valedora interceda diante da Consellería de Industria para permitir o acceso ao expediente administrativo de concesión para a mina de Touro.

Lavandeira, de Atalaya Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro
Lavandeira, de Atalaya Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro

Na segunda quincena de xaneiro deste ano 2018 aproximadamente 40 organizacións  dirixíronse á Consellería de Emprego, Enerxía e  Industria solicitando acceso ao expediente administrativo da concesión da mina de cobre de Touro. Querían  coñecer as condicións nas que foi outorgada a concesión e todos os procedimentos administrativos que aconteceron ata a data de hoxe.  Isto suporía acceder ás analíticas, multas, subvencións, actas de inspección, subcontratas e peche da actividade extractiva.

Pasados tres meses sen ter resposta algunha, os colectivos implicados consideran que se están conculcando os seus dereitos fundamentais dun xeito deliberado. Consideran que se está a ocultar información sensible e, por iso acudimos á Valedora do Pobo solicitando a súa intervención urxente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mandahuevos

La misma que defiende siempre al empresario y que odia la lengua gallega pues estamos apañados

1 Mandahuevos

La misma que defiende siempre al empresario y que odia la lengua gallega pues estamos apañados