A folga de pilotos de Vueling afecta a dous voos na Coruña

Os voos son coa cidade de Barcelona. O paro está convocado para este xoves e venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2018 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A folga de pilotos de Vueling convocada para os días 3 e 4 de maio afecta este xoves a dous voos que operaban no aeroporto coruñés de Alvedro.

Avión da compañía Vueling
Avión da compañía Vueling | Fonte: FlightReal.

Segundo informaron fontes da compañía aérea, o primeiro voo afectado este xoves é o VY1294, que tiña programada a saída ás 15,30 horas de Barcelona e a chegada ás 17,10 a Alvedro.

Pola súa banda, tamén foi cancelado o VY1295, con saída da Coruña ás 17,50 horas e chegada a Barcelona ás 19,30 horas.

Vueling destacou que, co obxectivo de que o paro cause os menores inconvintes aos seus clientes, procedeu a cambiar as reservas aos primeiros voos dispoñibles logo de avisar os afectados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta