Temas: MELIDE COCIñA

Os xemelgos Torres, pregoeiros da Festa do Melindre

Estes cociñeiros mediáticos, actualmente no programa “Torres en la Cocina” de TVE, serán os protagonistas desta celebración que exalta a repostaría tradicional de Melide.

Por X.M. Fernández | Melide | 05/05/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A XXVII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide, recoñecida de Interese Turístico Galego, celébrase os días 12 e 13 de maio e nela exáltanse os ricos, os amendoados e os melindres, as tres elaboracións típicas da zona que confeccionan seis casas de artesáns dende hai máis dun século.

Hermanos Torres. Foto: Web Concello de Melide
Hermanos Torres. Foto: Web Concello de Melide

A edición deste ano contará cos “Hermanos Torres”, cociñeiros xemelgos do programa “Torres en la Cocina” de TVE, coma pregoeiros. Os famosos chefs, con dúas estrelas Michelín no seu haber, porán en valor os doces que se exaltan neste evento reposteiro e realizarán un showcooking o sábado 12 de maio ás 19:30 h. mostrando en directo a naturalidade que os caracteríza e o seu estilo aos fogóns.

Como ven sendo habitual, a festa nomeará tamén aos embaixadores desta edición, que serán os seguintes: o actor da serie Fariña Monti Castiñeiras, a instagramer The Foodie Searcher, o adestrador do Obradoiro CAB Moncho Fernández, o chef Quique Rodríguez, o director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia Pati Blanco, o director da Orquestra de Cámara de Galicia Rogelio Groba, o director do CIFP Compostela Ramiro Esparís, a Asociación Deportiva Cerne, o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez, a Directora Xeral de Comercio e Consumo Sol María Vázquez e a Xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

En canto á programación destacar que haberá unha feira de produtos artesanais e actuacións musicais a cargo de Cómplices, Miguel Costas, a Banda de Nash, Óscar Ibáñez, Leirabuxo, Froito Novo, a Banda de música de Agolada, animación musical de rúa coa charanga BB+, unha sesión vermú a cargo de Petroni amenizada pola artista pop Silvia Penide e o clown Circanelo para os máis pequenos da familia.

Presentación oficial da Festa do Melindre. Foto: Concello de Melide
Presentación oficial da Festa do Melindre. Foto: Concello de Melide
Temas: MELIDE COCIñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta