Lores, camiño de converterse no Fraga do BNG

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, preséntase a un sexto mandato porque "aínda ten moito que achegar a Pontevedra". Defende a figura de Pontón e critica a Rajoy de quen di que é "doutra Galaxia". Preguntado se fai falla máis autonomía ou máis independencia, asegura, que "esa non é a cuestión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2018 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, vai camiño de converterse no Manuel Fraga do BNG. Logo de 21 anos no cargo, aspira a presentarse ao que sería o seu sexto mandato. O BNG tivo que cambiar parte do seu regulamento interno para permitir máis de oito anos no mesmo cargo público. Unha decisión acertada para o rexedor que se amosa "convencido" de que tanto el como o seu equipo teñen aínda moito que achegar e que "son necesarios, non imprescindibles, pero si necesarios".

Miguel Fernández Lores
Miguel Fernández Lores | Fonte: Europa Press

"Eu creo que hai un argumento futbolístico que é o que máis se entende, se funciona un administrador ou un adestrador, imos cambiar mentres se gañan ligas ou Champions e as cousas funcionan?", argumenta, para engadir a continuación que na defensa da limitación de mandatos o que existe, "no fondo", é unha "mala conciencia de certa xente" que cre que "o poder corrompe". E puntualiza: "Eu creo que o que se quere corromper corrómpese en tres ou seis meses, e non fai falta estar dez ou 20 anos para corromperse", "é un erro a limitación de mandatos".

Lores defende así a súa candidatura a un sexto mandato alegando ademais que aínda ten moito que achegar a Pontevedra. "Teño ese compromiso de seguir mentres vexa que se poidan facer cousas interesantes e que se poida avanzar, mentres lle sigamos subindo a paletilla á xente, eu seguirei achegando o que poida, cando perciba que a xente que me rodea me diga que é mellor que che vaias de viaxe por aí para traer información do que se fai, espero saber marchar a tempo", admite.

Desde o inicio da súa etapa como alcalde á fronte do concello de Pontevedra Lores non contou con maiorías absolutas, liderando entre 1999 e 2015 gobernos de coalición e un con minoría desde as últimas municipais, pero se amosa favorable a "dialogar" e a unha situación de minoría que obriga a "repensar as cousas".

CRÍTICAS A RAJOY

Lores non aforrou críticas contra o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, co que asegura ter unha relación "inexistente" porque entende que está "noutra galaxia" e ignora aos pontevedreses e ao seu goberno local. Nunha entrevista na Cadena Ser recollida por Europa Press, Lores mostrouse tallante ao afirmar que Rajoy "se estivese calado, sería mellor" e contrapuxo a ausencia de trato con el á "relación normal" que mantén, en cambio, coa exministra e presidenta do Congreso, Ana Pastor.

"Cando aquí só vén de vacacións, ou só aumenta a concesión de Ence, ou cando se lle convida a visitar o seu concello e di que xa veremos. Teño unha relación normal con Ana Pastor, pero con este señor é imposible, debe estar noutro mundo, ou noutra galaxia, como é que o presidente dun país non chame ao alcalde da súa cidade", remarcou.

En cambio, confronta esta situación coa relación non só con Ana Pastor senón tamén co seu marido, José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria de Marín e un dos nomes que soa como posible candidato do PP á cidade de Pontevedra. Unha posible candidatura que a Lores "lle parece estupenda", por ser "unha persona afable coa que se pode falar", aínda que desliza que non lle ve "moito ánimo de enfrontamento electoral", pero "alá el".

O BLOQUE, NA "LIÑA CORRECTA" CON ANA PONTÓN

O triunfo nos case últimos 20 anos do BNG en Pontevedra non se trasladou, con todo, a outros puntos da xeografía galega, aínda que Lores cre que "todo se andará", coa formación na actualidade avanzando "na liña correcta" e facendo as cousas "ben". "Sinto moi ben representado por Ana Pontón como portavoz nacional", engade con rotundidade.

Lores enlaza o discurso de defensa da política do BNG co impulso nos últimos anos de Pontevedra, e a necesidade dunha maior "confianza" nas posibilidades de Galicia. "Canto máis viaxo, máis orgulloso estou disto, pero se a xente que goberna non ten confianza e o de fóra é mellor, isto non sae adiante", asegura, para engadir que, a "sétima cidade de Galicia, triste" que era Pontevedra ao comezo dos seus mandatos como alcalde, transformouse en "referente do Estado e referente mundial". "E fixémolo os pontevedreses", agrega.

"Iso de que o nacionalismo é excluínte, dáme a risa, porque a metade da xente que vive en Cataluña é de fóra", prosegue. Nesta liña de defensa de teses soberanistas, critica que Madrid teña o "17% da poboación e o 40% dos ingresos do Estado", e insiste en que o actual sistema prexudica a Galicia. Con todo, evitou declararse independentista ou autonomista porque "iso non toca".

"Eu creo que hai que ter capacidade de decisión sobre aspectos importantes para que a xente poida vivir dignamente neste país, non é todo UE, temos mercados en África, América Latina, estamos apapanatados, encolleitos, o problema de fondo é que non temos confianza en nós mesmos, necesitamos levar por diante o orgullo de ser galegos".

E conclúe, arremetendo contra o sistema actual: "O problema é que hai alguén que nos está a foder, está a fodernos o sistema, o capitalismo, a concentración de capital que multiplica beneficios sen preocuparse da xente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

20 unmais

Non é preciso que o digan os do BNG, vaino dicir o pobo nas próximas eleccions, ningún dos tres vai sair elexido de novo, por inutiles

19 unmais

a cantidade de parvadas que temos que ler, o líder eterno haino nunha dictadura, mentres sexa elexido polo pobo, é un líder democrático. Cando haxa una alternativa mellor a xente elexiraa. e comparar a Lores con megalómanos e ladrons é de risa, nen fixo proxectos megalómanos nin roubou. Parece que o problema de alguns e que o BNG gañe elección tras elección o Goberno de Pontevedra

1 Xan do Can

Ou sexa, cariño, seguindo a túa intelixente teoría, non hai ninguén mellor que Lores, nin que Feixoó, nin Raxoi, nin Baltares, nin Fraga... Son a mellor alternativa??? Os do BNG caedes no ridículo máis espantoso para defender o caudillismo. Tan penoso como os que defenden a Quinteiro, sodes vermes a chupaaaar!!!

18 Fran do Covelo

Lores é un lastre para o BNG. Sabémolo todos, o seu españolismo cultural nada disimulado representa unha bomba dentro dun proxecto nacional. O aconsellabel, para os adeptos ao caudillismo, sería que Lores fundase un partido con Caballero, repescasen a Orozco, non esquecesen a Paco Vázquez, poden aproveitar a familia Baltar, tamén a Arturo de Salvaterra, a Seoane de Oleiros, por Brión, Beade e no Covelo temos igualmente bos e xenerosos exemplares. E, claro, con don Manuel Fraga da man de Fidel Castro como santos inspiradores! O asunto sería de risa, senón fose a triste realidade da política galega en pleno século XXI! E aínda hai quen se autoproclama nacionalista e de esquerdas e defende o caudillismo con líder eterno como modelo!

17 Seguide así

É complicado que Lores acade os récords de Fraga ou Beiras en canto a idade, pero ten unha grande vantaxe non propia: a oposición que ten é do estilo dos comentarios mareados de GC.

1 Fran do Covelo

Ao santo Beiras, o do grande ego que non lle cabe no peito, que agora recada donativos e clientes para a Complutense, levárono aos altares os teus coronéis da UPG. É normal que te sintas anoxado e mesmo traicionado polo cambio de capela, as devotas palermas sodes así. E se se fora Lores do BNG, cousa probabel no caso de tocarlle os seus caprichos españolistas, ti irías na súa procesión? Que bos vasalos se tivesen bon señor!

16 Marín esperta

Amigo de Galicia Confidencial. Existen outras noticias. Desas que non lle gustan nin á UPG de Lores, nin a Sermos Paliza. E menos ao Comando Lobeira: https://www.lavozdegalicia.es/notic... http://www.farodevigo.es/portada-po...

1 Salgueiro

ha, ha, ha. A magoa é que na Galiza algunha xente estea no BNG porque o PSOE xa ten as listas completas. Iso é o que pasa. Son nacionalista. Non tenho culpa de que ti sexas un sipaio. Nira a nova do enlace que ti nos deixaches; "La dirección nacionalista les recriminó también unas mociones relativas al futuro de la Escuela Naval Militar, en la que el grupo municipal hablaba de este centro castrense como "parte de la historia de Marín", así como sobre el proyecto del Auditorio municipal, con un planteamiento que la cúpula del BNG no compartía por considerarlo "un macroproyecto". Estou totalmente de acordo cos poucos nacioanlistas que hai neste país. Pero ten un pouco de vergonha. Non votas a lingua a pacer votándolhe as culpas ao BNG. A culpa é dos impresentabeis que se presentan co BNG.

2 Salgueiro

Antes de que me esqueza. O que pasa é que neste país hai moitos pailáns provincianos. Ou somos de pequenas ciudades (todas) ou somos de povos atrasados e cousas polo estilo. E a xente non da máis de sí. Como exemplo os de Marín. Pero, neste caso a culpa non é do BNG. É dos pailáns covardes. Que hai moitos. Se lhes din que leven lazos amarelos nas solapas, iso é moi forte para os que vinheron ao BNG de visita e quedarónse dentro e xa sabemos para que. Así que a ranhala por aí. Levarán votos pero non quero conhecer aos seus votantes. Vergonha de votantes terán.