Temas: MéXICO FEIJóO

Para que serviu a viaxe de Feijóo a México?

A oposición reduce a un "bluf" a visita e o PP defende "as posibilidades de negocio" abertas. PSdeG e BNG piden que compareza o presidente da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2018 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A oposición reduce a un "bluf" a "inútil" viaxe "turística" realizada a pasada semana a México polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mentres o Grupo popular defende as "posibilidades de negocio" abertas nesa visita.

Feijóo reúnese co gobernador do Estado de Oaxaca
Feijóo reúnese co gobernador do Estado de Oaxaca | Fonte: Europa Press

Así, o portavoz dos socialistas galegos na Cámara, Xoaquín Fernández Leiceaga, tachou a visita do presidente da Xunta a México de "intranscendente, improvisada e inútil", á vez que instou a Feijóo a seguir o exemplo do seu predecesor en San Caetano, Emilio Pérez Touriño, que "comparecía despois das súas viaxes" ante o Parlamento para ofrecer explicacións.

Así as cousas, os socialistas consideran que a viaxe do xefe do Goberno galego corresponde máis a "ampliar a súa axenda exterior" para a súa "futura" carreira política en Madrid que a actuar como presidente da Xunta de Galicia.

EN MAREA DENUNCIA AS "VIAXES TURÍSTICAS"

En termos parecidos expresouse o deputado de En Marea Pancho Casal, que censurou as "viaxes turísticas" do mandatario "que só ofrecen titulares dificilmente contrastables", polo que convidou a Feijóo a "ocuparse do que preocupa" aos cidadáns de Galicia e abandonar a "propaganda".

Con todo, non aclarou se En Marea apoiará a solicitude de comparecencia que avanzaron socialistas e nacionalistas; posicionamento que, segundo Casal, corresponde facer ao portavoz da formación rupturista no Hórreo, Luís Villares.

O BNG TAMÉN PIDE COMPARECENCIA

Pola súa banda, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reduciu a un "bluf" a visita de Feijóo, pois "é improductiva para Galicia" e "non hai ningún anuncio relevante", polo que "non está moi xustificado que se paguen cinco días en México", aínda que se mostrou a favor das relacións internacionais.

A portavoz nacionalista dixo que "é obrigatorio" que o presidente do Executivo autonómico acuda á Cámara galega para dar explicacións por unha viaxe do que volve "cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha". Para iso, abordará co resto de grupos que sexa unha petición conxunta para demandar a comparecencia.

De feito, recrimina que "hai algúns aspectos que case diría son unha tomadura de pelo", porque, "despois do timo de Pemex, que vaia (Feijóo) a México a agradecer a colaboración que quedou en nada é un pouco bluf". "A viaxe en termos económicos e políticos para Galicia nin se entende nin se xustifica", sentenza.

O PP VALORA A SÚA IMPORTANCIA

En cambio, o portavoz popular dos populares galegos, Pedro Puy, destacou as "posibilidades de negocio" nesta viaxe "comercial" de Feijóo, acompañado de 45 empresarios galegos, con oportunidades para sectores como o TIC, a automoción ou o naval.

Tamén subliña que "se abriron moitas portas" para os produtos de 25 empresas agroalimentarias, mentres indica que se realizaron contactos políticos "de moito interese" para Galicia. Sobre as críticas da oposición, Puy recrimina que son "descualificacións que non se sosteñen", nunha postura "habitual" e "automática" do "non".

Acerca de se Feijóo debe comparecer en persona para dar conta desta viaxe, o voceiro popular lembra que o seu grupo realizará ao Goberno galego unha pregunta sobre o resultado do desprazamento. Por tal motivo, chama á oposición a esperar a esa resposta para ver se cren necesario que compareza o presidente da Xunta, despois de que aos outros grupos se lles pasara pedilo para a sesión plenaria desta semana.

Temas: MéXICO FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Avión

E para que serviu a longa viaxe de Lores, o alcalde de Pontevedra, e máis a antiga xerente de Sermos Galiza a Mexico. Seguro que para Ana Pontón non foi un bluf de viaxe. O malo que alí, cos que andaron foi cun de Converxencia XXI (si, o liberal partido do alcalde de Tui), tamén cun político que a pouco balearon e morreu, e con cargos dereitosos do PAN. Seica, dixo a prensa amiga, que abriron mercados...

1 expaña a nosa ruina

que barbaridade e que non dan descanso, non sexan tan atroces co pobo de mexico que culpa teñen eles de que por aquí este metidas as redes do narcotráfico e demais mafias "costanostra", si foi o mellor a pedir algún-ha esmola ou incluso negocio industrial de mentirijillas como 80 floteis, e 2 transanlaticos modelos o titanic, además sempre esta o cultivo do voto emigrante... miren polo ben que non veñen os frijoles de Mexico e que culpa teñen eles os mexicanos, agora xa estamos pedindo cartos ata no terceiro mundo, porque con tanto roubo tipo a choriza de mandriles xa non queda nada - grazas Frijoles por nada!!! - https://www.youtube.com/watch?v=btL...