Temas: LUGO VIOLACIóN

Unha moza de 19 anos de Lugo denuncia á parella da súa nai por malos tratos e abusos sexuais desde 2012

O denunciado foi enviado a prisión con orde de afastamento tanto da moza como dunha filla que ten esta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2018 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Unha moza de 19 anos veciña de Lugo denunciou á parella da súa nai por malos tratos e abusos sexuais desde 2012, após o que o home foi detido e enviado a prisión cunha orde de afastamento da moza e dunha filla desta.

Muralla de Lugo
Muralla de Lugo | Fonte: Guido Álvarez

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, confirmou que o luns "sobre o once da noite", unha moza de 19 anos presentou denuncia na comisaría da cidade amurallada como "vítima de malos tratos e abusos sexuais" desde o ano 2012.

Após iso, o luns a Policía "identifica o agresor, e sobre as doce da noite é detido", relatou o subdelegado, após o que foi enviado aos calabozos policiais. Ao día seguinte pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 3, que ordenou o ingreso en prisión "con orde de afastamento tanto desa persona, como dunha filla que ten" a moza, apuntou Carballo.

Así mesmo, Carballo concretou que se trata de persoas "de orixe estranxeira", todos eles, tanto a vítima como a parella do presunto agresor como o agora detido.

FILLA DE POUCA IDADE

A denuncia cursouna a filla da parella sentimental do presunto agresor que "agora ten 19 anos". "Esa moza presenta unha denuncia en comisaría o luns pola noite, detense ao agresor, que é a parella da nai, e esa persona que presentou a denuncia ten unha filla de poucos anos", concretou.

"Ela presenta denuncia por malos tratos facía ela e agresión sexual", puntualizou o subdelegado do Goberno, "da menor non fala", apostilou.

Temas: LUGO VIOLACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta