O escritor Manuel Rivas asegura que "a democracia é incompatible co medo"

O autor coruñés diserta nun abarrotado Ateneo Ferrolán sobre o seu último libro, 'Contra todo isto'.

Por E.P. | | 10/05/2018 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O escritor Manuel Rivas asegura estar convencido de que "a democracia é incompatible co medo, xa que se temos medo a expresar, a exercer os nosos dereitos, ás liberdades, existen desaxustes". E considera que "existen tempos nos que o problema non é a desobediencia, senón que é a obediencia".

Manuel Rivas presenta o seu novo libro en Ferrol
Manuel Rivas presenta o seu novo libro en Ferrol | Fonte: Europa Press

Así o manifestou o coruñés na tarde deste xoves en Ferrol, nun acto organizado por Fuco Buxán e que se desenvolveu desde as 19,30 horas nun abarrotado salón de actos do Ateneo Ferrolán, que se quedou pequeno para poder albergar a todos aqueles que quixeron escoitar as palabras de Rivas, quen disertou sobre o seu ultimo traballo, titulado 'Contra todo isto'.

O autor afirmou que esta nova publicación é "un libro moi literario, pero cunha literatura que se pode definir como insurxente, que crea como un hábitat rebelde de crítica e autocrítica, que busca o porqué das cousas, algo que comparte tanto a literatura como o xornalismo".

Neste sentido, Rivas lamenta que o tempo actual "está moi pavimentado pola indiferenza, por iso moitos dos problemas non se afrontan". "Moitas das persoas do ámbito literario e do xornalismo mandaron a súa conciencia de vacacións, e este libro en si mesmo é un acto de rebeldía, que tamén recorre á ironía, que é un tipo de humor que conecta coa dor", relata.

LIBRO CON "LUCES" CONTRA O MEDO

En declaracións a Europa Press, Manuel Rivas tamén asegurou que durante o período que se dedicou a escribir o seu último traballo tivo "a sensación" de que estivo "limpando medo e pondo en liberdade o corpo da linguaxe". "Hai tempos nos que as palabras parece que non queren dicir que están sorprendidas, tamén contaminadas, e sofren o mesmo que o fai a natureza cos herbicidas e pesticidas", explica.

Entre os temas abordados en 'Contra todo isto', Rivas destacou que algúns dos capítulos están dedicados "ao mundo intelectual e a liberdade de expresión". "O que tamén denomino guerra contra a muller, a guerra contra a natureza ou o que chamo sangue contra as multiplicacións, e que ten que ver con toda a precariedade e o abaratamento humano, é dicir, un mapa de zonas de sombra", apunta.

Por todo iso, o escritor galego Manuel Rivas indica que "este libro pretende estar cheo de luces como alternativa a todo aquilo que se critica".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 cvio

Pero coas mamandurrias a M Rivas vaille moi ben

1 Cvia

Campión, escribe ti. Veña dálle, deixa de falar dos outros e dálle. Dálle que non das nada. País!!! Envexa: Sentimento de rabia e pena polo ben ou polas cousas alleas que se desexan para si.

1 Alunado

Ola, vou escribir unha novela ou ensaio, non o teño decidido sobre el arte de nadar y guardar la ropa... Pensades que mo publicarán?

1 Rosa

A ti si.

2 Alunado

Non me digas? Seguro que antes a ti. Eu son un verso solto e non caso con ninguen. Non deberlle nada a ninguen dame un espirito critico do que outros e outras carecedes... Mellor non me saques a falar que se aproveitan os da rama dereita cada dia mais dereita do gran partido de centro. Pero que o saibades coma cantaba Llach neste caso sodes vos os que facedes do silencio palabras. Que pena de terra a miña na que nunca faltara un aspirante a inquisidor velando polas esencias e criticando aos que se moven... Sodes un grupiño endogamico fascinante...Magoa que de tanto oirvos xa so vos chegue o eco das vosas palabras. Afortunadamente a min non me chegan ecos.