Temas: BANCO POPULAR

Un segundo fallo anula a compra de accións do Banco Popular por algo máis de 5.000 euros

O xulgado de primeira instancia de Vigo número 1 anulou unha compra de accións correspondente á ampliación de capital de 2016 do Banco Popular.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2018 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Con data de 26 de febreiro, a xuíza declara a nulidade relativa, por erro, do contrato de compra de accións subscrito entre as partes, e condena á demandada a restituír ao actor o nominal investido, que superaba os 5.000 euros, máis intereses legais desde a data de cargo en conta das accións e dereitos.

Sucursal, banco Popular
Sucursal, banco Popular

"A demandada incumpriu a obrigación de dar unha información fiel da súa situación financeira aos contratantes de accións, que é unha dascondicións esenciais que determinan as perspectivas do demandante sobre a evolución económica do prezo e rendibilidade do produto e que, por tanto, determinan a contratación", subliña a sentenza.

Ademais, impón a Popular as costas procesuais e establece que o demandante debe restituír os rendementos percibidos por aqueles produtos, de producirse, máis os seus intereses legais desde a data da súa percepción. O despacho de avogados de Xoán Antón Pérez-Lema, que dirixiu a demanda, destaca precisamente que este fallo condena a pagar as costas de avogado, procurador e perito "ás que o pequeno investidor tivo que facer fronte no procedemento civil".

Engade que segundo a xuíza "o Popular non ofreceu na súa contestación á demanda 'explicación probada que xustifique a súa dispar situación económica antes e despois da emisión' de accións". A sentenza pode ser recorrida ante a sección civil viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra. Pola súa banda, Pérez-Lema prognostica para os próximos meses "centenares de anulacións de compra de accións do Popular en toda Galicia".

Temas: BANCO POPULAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta