O Melindre... ou cando a repostaría chega a categoría suprema

Esta fin de semana celébrase a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, evento que presume de ser a ‘festa máis doce de Galicia’. Os irmáns Torres serán os pregoeiros e entre os embaixadores destacadas figuras de diferentes ámbitos como o adestrador Moncho Fernández, o conselleiro Román Rodríguez, a instagramer The Foodie Searcher ou o Presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices.

Por X.M. Fernández | Melide | 12/05/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Esta celebración naceu no ano 1991 e foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no 2013. Vinte e sete anos despois xa é un evento gastronómico consolidado na nosa comunidade que conta cada ano con máis visitantes e con personalidades do máis recoñecido a nivel galego e nacional. As casas reposteiras que seguen elaborando doces tradicionais da Terra de Melide son seis na actualidadee as variedades que se exaltan nesta celebración son os ricos, os amendoados e os melindres.

Melindre. Foto: Web Concello Melide
Melindre. Foto: Web Concello Melide

Un dos pratos fortes será o showcooking que realizarán os famosos “irmáns Torres” este sábado ás 19:30 h. na Viñoteca Ribeirao de Melide que contará coa colaboración do cociñeiro local Miguel Ángel Liboreiro do Restaurante O Tobo do Lobo como anfitrión.

A partir das 12:00 h. dará comezo a feira de produtos artesanais e a charanga BB+ amenizará o recinto e as rúas principais da vila. Xa pola noite destacar o programa musical de concertos co grupo Cómplices, Miguel Costas e a Banda de Nash.

O programa festivo para o domingo destaca pola animación de rúa da mañá a cargo de Froito Novo, a sesión vermú da Banda de Agolada ás 14:00 h.e os concertos de Óscar Ibáñez e Leirabuxo a partires das 19:30 h.

Embaixadores da edición 2018

Coma ven sendo habitual, un variado grupo de embaixadores comprometeranse a exaltar os doces da Terra de Melide. Os persoeiros escollidos este ano para esta labor, ademais dos cociñeros xemelgos Torres, son os seguintes: o actor da serie Fariña Monti Castiñeiras; a instagramer The Foodie Searcher; o adestrador do Obradoiro CAB Moncho Fernández; o chef Quique Rodríguez; o director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia Pati Blanco; o director da Orquestra de Cámara de Galicia Rogelio Groba; o director do CIFP Compostela Ramiro Esparís; a Asociación Deportiva Cerne; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez; a Directora Xeral de Comercio e Consumo Sol María Vázquez; a Xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia; Elena Fabeiro, e o Presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices.

Irmáns Torres. Fonte: Web Concello Melide
Irmáns Torres. Fonte: Web Concello Melide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta