EU aposta por unha confluencia "o máis ampla" nas municipais coas mareas como "eixo central"

Esquerda Unida apoia a postura de Alberto Garzón, que se enfrontou aos ex líderes de IU Llamazares e Paco Frutos que piden manter as esencias de Izquierda Unida lonxe de Podemos. EU Celebrará primarias o 11 e 12 de xuño para elixir os seus candidatos nunha cita que ve "antesala" das próximas xerais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Esquerda Unida (EU) fai unha aposta "decidida" por unha confluencia "o máis ampla posible" no ámbito da esquerda para as próximas municipais, en procura da "unidade popular" con "total lealdade" e as denominadas 'mareas' como "eixo político absolutamente central".

Eva Solla e Rubén Pérez (Esquerda Unida)
Eva Solla e Rubén Pérez (Esquerda Unida) | Fonte: Europa Press

Así o ratificaron este luns a coordinadora nacional do partido, Eva Solla, e o secretario de organización, Rubén Pérez, que son deputada por En Marea no Parlamento galego e concelleiro e portavoz do grupo municipal da Marea de Vigo, respectivamente.

En rolda de prensa, Pérez explicou que EU celebrará primarias para elixir os seus candidatos en asembleas locais os próximos 11 e 12 de xuño. Nestas votacións poderá votar un censo composto por máis de 3.000 persoas, xa que a formación abrirá a porta aos simpatizantes neste proceso.

Pola súa banda, o secretario de organización lembrou a coordinadora nacional que EU celebrou o 24 de marzo e referiuse á federal, que tivo lugar esta fin de semana, con "avances de cara á confluencia" e ás próximas citas coas urnas. Así, recalcou a "tremenda importancia" das municipais nun marco estatal e tamén do conxunto da Unión Europea, onde identificou unha "regresión" pola presenza da dereita.

AGE E AS MAREAS

Con esa aposta "decidida" pola "unidade popular" cuxo comezo situou en 2012 na comunidade galega, con AGE (Alternativa Galega de Esquerda) e despois en 2015 coas 'mareas' municipalistas, Rubén Pérez celebrou a "noticia histórica" de que "por fin" este posicionamento o asume Izquierda Unida (IU) no conxunto estatal.

En concreto, este sábado, a asemblea político e social de IU aprobou os documentos 'Basees para a confluencia electoral 2019' e 'Cara ás eleccións de 2019: participación, programa e primarias', entre os que figura a petición a Podemos de que o nome de IU apareza nas futuras alianzas electorais no caso de que non se acorde "un nome común".

Para a conxuntura de Galicia, o secretario de organización de EU subliñou que as "marcas" que xa existen --Compostela Aberta, Marea Atlántica, Marea de Vigo, Ferrol en Común...-- é "absolutamente necesario" que se manteñan. En canto ao ámbito comunitario, avogou tamén por favorecer unha candidatura "ampla e plural" dentro do conxunto estatal, porque o que "se xoga" é "que sexa a maior delegación" no contexto europeo.

"CON INDEPENDENCIA DE COMO SE CHAMEN"

Pola súa banda, Eva Solla incidiu na aposta por facilitar confluencias "o máis amplas posibles", non só con organizacións políticas, senón tamén con colectivos sociais. Con ese fin, indicou que EU celebrará unha coordinadora en xuño, para desenvolver un debate sobre a proposta programática da formación, "desde a esquerda" e para "confluír".

Por último, sinalou que, "con independencia de como se chamen" os distintos "escenarios", Esquerda Unida "ten capacidade" para achegar as súas propostas e a experiencia dos seus cargos públicos.

Como "antesala" dos próximos comicios xerais, chamou a profundar en iniciativas "concretas e solventes" como a "remunicipalización" de servizos e o emprego público para, en suma, "recuperar as cidades para a maioría social" antes de facelo co Goberno central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 GrazasBeiras

EU é a versión de C's para 'progres' ancorados nos noventa que non leron un libro na vida nin foron traballar xamais: as súas propostas para Galicia son as mesmas co seu coñecemento do país= cero, ren, res de res, na-da. Obrigado, Beiras.

4 Próculo

Eu ven chupando dende nque Beiras lle deu un 50% de Age

3 Gamela

Hainos cun MORRO de Carallo!!! EU en Galicia nin existiría de non ser polos votos de Podemos en 2015. En canto ao nome "Marea de Vigo" case mellor que o agochen ben agochado se queren seguir chupando do bote !!! Eu teño un candidato á alcaldía de Vigo que tería tres veces máis votos que Rubén chámase "Juan Sin Miedo" e foi o único que lle puxo a proa a Abel Caballero durante estes tres anos de miserias... https://youtu.be/iAZqjBaFou4 Pero que ninguén esqueza o "traballo de chapa fina" que levaron a cabo estes dous "artistas" ao longo da presente lexislatura... https://i.gal/gamela05

2 ilusionistas unidos IU

mentiras e mais mentiras, contos e mais contos, expañolismo e mais expañolismo PACO FROITA VELENOSA pero que podemos esperar desta tropa xa vimos o AGE xa vemos o SantiAGE por favor que alguen chame os caza pantasmas - https://www.youtube.com/watch?v=nBq...

1 Eu mesmo

Como se día: ou coa unidade popular ou non comemos "un rosco"