Estamos a perder a Cabeza

Ultimamente, cada vez máis cando leo ou vexo certas situacións que considero esperpénticas vénme á cabeza unha palabra Sentidiño.

Por Arán Feijoo | Lugo | 31/05/2018

Comparte esta noticia
Este termo, foi acuñado por Fernández Albor, naquel momento primeiro presidente da Xunta e comprime na miña opinión querido lector un pouco as mellores virtudes do carácter dos galegos.
 
Poderiamos denominalo tendencia a conceder primacía ao valor práctico das cousas sobre calquera outro valor pero esa non sería a definición exacta , realmente hai que ser galego para entender ben este concepto, sería máis ben o primar o importante sobre o resto de cuestións máis ou menos superficiais. 
 
Ultimamente non vexo moito sentidiño. Un Alcalde é preguntado acerca de por que unha empresa local con dúas ordes de derrube e unhas instalacións de xeito evidente inseguras é contratada para fornecer a pirotecnia nas festas principais do concello e responde “Recorreuse á empresa porque é a pirotecnia local” é o que sempre se fixo.
 
Ben onde está a primacía do importante, sábese por parte do concello que existe un almacén de explosivos rodeado de vivendas, sen ningún tipo de medidas de seguridade, sábese que existen dúas ordes xudiciais firmes que obrigan ao concello para derrubar estas instalacións con todo isto non só non se fai senón que ademais cómpraselle material, un contrato poderiamos dicir que interesante porque “é o que se fixo toda a vida”.
 
Falta sentidiño neste país, se o tivemos estamos a perdelo, xa non primamos o importante sobre consideracións máis ou menos superficiais queremos dar espectáculo, desexamos fogos artificiais nun ambiente de festa para entreter á xente. Sen pensar que a orixe dos artificios esta nuns explosivos almacenados de forma ilegal e perigosa que ninguén quere ver para non estragar o momento. Ata que un día todo estala polo aire e facémonos cruces por non facer o correcto.
 
Faría falta na miña opinión un maior sentido da responsabilidade e un menor sentido do espectaculo, pero que ben nolo pasamos mentres duro 

Desfeitas na parroquia de Tui onde se produciu a explosión pirotécnica
Desfeitas na parroquia de Tui onde se produciu a explosión pirotécnica
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn