O "lapsus" de Pablo Iglesias esquecendo a Galicia entre as nacións do Estado revoluciona En Marea

Villares lembra que Galicia é unha "nación" e a deputada Alexandra Fernández, de Anova, critica a Iglesias na súa conta de Twitter por esquercerse deste país no seu discurso. Nin Esquerda Unida, nin Podemos Galicia se pronunciaron ao respecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2018 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, cre que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, cometeu "un lapsus" cando non mencionou a Galicia --si o fixo con Euskadi e Cataluña-- entre as nacións do Estado durante a súa intervención no debate da moción de censura.

Luis Villares
Luis Villares | Fonte: EP

Cuestionado sobre este asunto nunha rolda de prensa este venres, Luís Villares indicou que este "lapsus" cometido por Iglesias foi "emendado" polo portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, que interveu como representante da confluencia galega dentro do Grupo Confederal de Unidos Podemos.

Con todo, a non mención de Galicia entre as nacións do Estado xerou certo malestar entre as sensibilidades máis próximas ao nacionalismo galego dentro do espazo de En Marea. Villares restou importancia a esta cuestión e sinalou que "mencionar ou non a Galicia non é unha cuestión de nacionalismo ou non nacionalismo". "É de proxecto nacional, a nación abárcanos a todos, sexamos nacionalistas ou non", dixo.

De feito, a deputada no Congreso Alexandra Fernández (membro de Anova) publicou unha mensaxe na súa conta de Twitter durante a tarde noite do xoves na que amosou a súa desconformidade co "discurso dos catro principais partidos españois". "Despois de escoitar o discurso dos catro principais partidos españois queda claro que desta crise do modelo territorial todos están de acordo en eliminar o recoñecemento de Galicia como nación", publicou Fernández en Twitter.

En relación a este asunto, este xoves, Villares indicou que o "grupo parlamentario" de En Marea no Congreso "ten portavoz propio" que, dado o seu carácter rotatorio, exerce nestes momentos Miguel Anxo Fernán Vello, tamén de Anova.

CRÍTICAS AO PAPEL DOS DEPUTADOS

Entre os cinco representantes cos que conta En Marea nas Cortes figuran dous membros de Podemos --Ángela Rodríguez e Antón Gómez-Reino--, dous de Anova --Alexandra Fernández e Fernán Vello-- e unha de Esquerda Unida, Yolanda Díaz.

O papel dos deputados da confluencia galega no Congreso foi motivo de críticas de certos sectores do rupturismo que cren que a súa función de representantes do "suxeito político" de Galicia dilúese na estratexia global de Unidos Podemos, froito da unión de Podemos e Esquerda Unida.

O histórico dirixente nacionalista e referente de Anova, Xosé Manuel Beiras, alzou a voz hai dous meses para reclamar "lealdade" ao proxecto a aqueles que foron elixidos como representantes de En Marea e cargou contra o propio Pablo Iglesias.

Durante a súa intervención no plenario que En Marea celebrou a mediados de marzo, Beiras asegurou que o líder de Podemos "está a tratar mellor" aos deputados de Compromís que optaron por irse ao grupo mixto que aos representantes de En Marea que "por lealdade" ás "alianzas" para as eleccións de xuño de 2016 decidiron integrarse no grupo confederal de Unidos Podemos ao serlle negada a posibilidade de formar un propio.

De feito, e tal e como xa publicou GC, unha das cuestións que o sector próximo a Villares critica ao sector oficialista de Anova, Podemos-Galicia e EU é que non exista un "proxecto de país", nin un proxecto político que defina a Galicia coma suxeito político e "personalidade propia no Congreso", tal e como acontece con Compromís en Valencia ou Catalunya en Comú.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

13 total para que...

resumen e conclusion do acontecido... https://www.youtube.com/watch?v=Fxe...

12 Loisin

Se En Marea non fala de Galicia como nación nunha moción de censura, cando o vai facer? Non representan a Galiza os da Marea, representan á Complutense e aos andaluces de IU. Co meu voto que non contén máis. Anos perdidos para Galicia. Quedamos ao nivel de Ceuta e Murcia.

1 Serafín

Non mintas Loisiño, ti e máis su nunca votamos as Mareas de Podemos. Acontece que tampouco é bon non lembrar como o BNG se pregou ante o pior PsoE da historia, mesmo apoiou a Magdalena Alvarez, despois de dicir 'Plan Galicia de mierda' e rirse da nosa terra. Agora mesmo os rexionais domesticados das Mareas de Podemos van facer o papel que antes fixo o BNG: ser marca branca do PcE e de Podemos para salvar ao PsoE cos orzamentos do Partido Podre e dos neofranquistas de Ciudadanos. O sistema está a salvo con tantos falsarios!

2 comunista independentista

Confirmado. Cando saíu a falar Fernán Vello (Anova/En Marea) a maioría dos blocallos tiñan o televisor e o internet apagados. Ou iso, ou pensan que a xente é parva.

3 Ouveos españolistas

O que falou foi Miguel Fernández Vello (non Fernán, nin Maikel), falou por En Marea (sucursal dependente)) dentro do espazo cedido por Podemos (a matriz española), e si --niso concordo-- falou de Galiza (igual que falaban os do BNG), e apoiou ao PsoEspañol (igual que apoiaban e apoian os do BNG). Non é tan difícil facer un resume libre de taparrabos.

11 Xanc

Votos tirados ao lixo os de En Marea. Nen o propio Podemos recoñece a Galicia como nación.. Os que din que os do BNG ornean... que lean o twitter d algúns destacados membros da Marea poñendo verde a IU Podemos

10 Bernal Calvo Delaciga

Meanwhile os trolls do BNG ornean nos foros o seu odio á Marea e propagan a falsa consigna poltroniana/zarzuelista do "Galiza estivo ausente", os coroneis presionan á CIG pola porta de atrás para que esta retire a convocatoria de Folga Xeral temendo un fracaso. Uns fan o traballo suxo, para que outros, os máis covardes e vividores, sigan a vivir do negocio chamado BNG. Son coma o Titanic. Afunden, pero a orquestra continúa a tocar.

1 Serafín

Pois toma nota do afundimento do BNG, que o que emerxe non sodes precisamente os de Podemos e do PcE! Sodes ben pobres de espíritu, tan ocupados e preocupados en desprestixiar a quen non conta mentres o neofascismo cabalga de novo!

9 comunista independentista

Por moito que se minta e manipule, Galiza estivo e seguirá estando, coa forza necesaria da unidade popular. No Congreso e no Senado. Os que non estades, nin se vos espera, sodes os do Bloque, castigados por un pobo galego que vos redicíu a 44 mil ridículos votos. Sigan ladrando, frustrados.

1 Fran Correa

Cupletista Madrileño, es ben prepotente! O Bloque perdeu apoios, merece extinguirse. E a Marea de Podemos? Tamén, ides de cú! Nin que tiverades a maquinaria do Partido Podre! Presumes de impotente! Ti e os teus colegas contentádesvos humillando aos de arredor, hoxe aos do extinto Bloque, onte e mañá chamando 'puta_coja', 'hijo_de_puta', 'patera asquerosa'... aos colegas. Segue cantando copla madrileña, estrela da farándula.