Falece o cantautor e activista Benedicto, fundador de Voces Ceibes

Faleceu este luns aos 71 anos. Sufría a enfermidade de Huntington.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2018 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O cantautor, sindicalista e mestre Benedicto García Villar, fundador do colectivo galego de canción protesta Voces Ceibes, faleceu este luns aos 71 anos (Santiago de Compostela, 1947). Este cantautor, coñecido artisticamente como Benedicto, foi un músico e activista da lingua galega, membro fundador tamén do Movemento Popular da Canción Galega, que se retirou da vida pública hai uns anos por mor da enfermidade de Huntington que padecía.

Testemuño da primeira xira por Galicia de Zeca Afonso (dereita), xunto co cantautaro galego Benedicto Garcia Villar, en 1972
Testemuño da primeira xira por Galicia de Zeca Afonso (dereita), xunto co cantautaro galego Benedicto Garcia Villar, en 1972 | Fonte: www.aja.pt.

Benedicto faleceu acompañado pola súa muller Maite e a súa filla Minia. O seu corpo descansa no tanatorio de Boisaca, onde será incinerado este martes nunha cerimonia civil que terá lugar ás 19.00 horas.

Este principal representante da nova canción galega axudou a crear o Sindicato Galego da Música, foi militante do movemento estudantil compostelán nos anos sesenta, así como do Partido Comunista e posteriormente de Comisións Obreiras.

Precisamente, o presidente da Fundación 10 de Marzo de CC.OO., Xan María Castro, destaca que Benedicto foi clave na estructuración do Sindicato Galego da Música "fronte ás mafias do sindicato vertical", así como na decisión de que este se integrara no sindicato nacional de CC.OO. de Galicia.

Deste xeito, Comisións Obreiras lamenta o falecemento de Benedicto, que formou parte desde finais dos anos 1980 da súa dirección con cargos como secretario de Política Institucional, ademais de ser unha "persona clave" na normalización do uso do galego no sindicato, ademais de impulsor da Fundación 10 de Marzo de CC.OO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Adeus compañeiro, imos quedando sós... https://youtu.be/Z451bwHIYG8

1 Gamela