Queres saber onde actúan esta fin de semana El Combo Dominicano, París de Noia ou Panorama?

A Valenza (Ourense) e Budiño (A Coruña) reúnen esta fin de semana ás orquestras máis potentes do panorama actual. GC fai un percorrido pola historia destas míticas referencias musicais dos pobos do país.

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 07/06/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Comeza esta nova fin de semana de xuño e xa se nota nos pobos galegos a chegada do verán –pese a que o tempo non acompañe—e as ganas de festa, e é que o número de orquestras e os días das súas actuacións incrementáronse, dando paso a unha oferta esta fin de semana para todos os gustos, en todas as provincias e os catro días ao completo –de xoves a domingo--. Quen dixo que non tiño plans aínda? Buscade a máis cercana e apuntádevos a unha noite de baile en compaña de amigos e familiares! Que non se perdan as boas costumes! Entón, onde van as orquestras máis seguidas de Galicia esta fin de semana?

Xira '20 razones por ti', Olympus
Xira '20 razones por ti', Olympus

Comezamos coa orquestra Panorama (Pontevedra, 1988), que a pasada tempada colleitou uns resultados excelentes, cunha asistencia de público masiva na maioría das súas actuacións, tal e como indican dende a súa dirección. Esto levouna a situarse en primeira posición no ranking de favoritas para o público, na web de ‘Orquestas de Galicia’. A chegada de Manuel Garrido ‘Lito’ á dirección artística da formación, en 1993, supuxo unha auténtica revolución para a verbena, apostando pola innovación no seu espectáculo, onde os bailaríns e outros artistas tomaron un importante protagonismo; así como no seu repertorio e no que se refire a iluminación e son.

Este ano, a súa nova xira, iniciada a nivel autonómico e nacional –cunha forte aposta por actuacións fóra de Galicia e por diversas terras de España pouco habituadas ao mundo da verbena--, titúlase ‘Deluxe Tour’. O recén estreado espectáculo inclúe unha nova montaxe, con máis pantallas e iluminación, ademáis de novo vestuario, repertorio e coreografías sorprendentes por parte dos seus bailaríns, tamén recentemente incorporados: Grabiel ‘El Menor’ (procedente de la orquesta New York) e Adriana Díaz (recente fichaxe chegada das Illas Canarias).

O espectáculo desta orquestra predilecta do público galego e nacional poderase disfrutar o xoves 7 de xuño no barrio de O Castiñeiro (Lugo), en compaña doutra das grandes formacións da verbena en Galicia: París de Noia. Así mesmo, o venres 8 e o sábado 9 desprazaranse até a provincia de A Coruña, con actuacións en Baíñas (Vimianzo) –xunto ao grupo Aramio—e Budiño (O Pino), noite na que compartirán actuación coa orquestra canaria de máis percorrido e con maior número de seguidores no noso territorio: El Combo Dominicano. E, para rematar a fin de semana, sinalar que o domingo 10 de xuño estarán en A Valenza, Barbadás (Ourense), cunha actuación única a partir das 21,30 horas da noite.

PARÍS DE NOIA, #ALOLOCOLAPARIS

Pola súa parte, a París de Noia (A Coruña, 1957), segunda orquestra no ranking das favoritas para o público galego, segundo a última actualización de ‘Orquestas de Galicia’, aposta dende os anos 80 por conxugar os gustos dos máis maiores co cambio de aires que demandaba a xuventude, tal e como asegura a dirección da formación. As mesmas fontes indican que o traballo constante e meticuloso e unha forte inversión en material escenográfico –luz e son--, pero, sobre todo, contar cos mellores músicos do panorama actual son as claves do seu éxito. Así, actualmente, a orquestra está composta por 16 músicos, un técnico de son, dous técnicos de iluminación, sete técnicos de montaxe e un escenario móbil.

Axenda de orquestras do 7 ao 10 de xuño de 2018 Axenda de orquestras do 7 ao 10 de xuño de 2018
Axenda de orquestras do 7 ao 10 de xuño de 2018 Axenda de orquestras do 7 ao 10 de xuño de 2018

A xira deste ano carece de nome como tal, pero agrúpase baixo o hashtag #alolocolaparis, que dende fai uns anos representa a orquestra en todas as súas actuacións e a fai máis recoñecible para os fans, que agrupan todo o contido baixo unha única etiqueta. Como novidade do espectáculo deste ano un dos percusionistas da orquestra, Marcos Luis Valcárcel, con dezaoito anos de traxectoria dentro da París, asegura que “a grande aposta deste ano son os novos compoñentes” –Óliver Pérez, cantante procedente da orquestra El Combo Dominicano; Zeus Rodríguez, cantante da orquestra New York; Boris Jeyko Rodríguez, bailarín tamén da New York; e o batería Daniel Zaldívar--. Para Mark todos eles “proporcionan moita ilusión e ideas frescas”. Asi mesmo, considera que “as cancións que incorporan o violín –que él mesmo toca--, como pode ser a versión da rancheira ‘El Rey’, interpretada por Óliver este ano e tradicionalmente por Blas --director da París--, aportan á orquestra algo distinto ao que poden ofrecer as demais formacións”.

Esta fin de semana, pola súa banda, será a única formación que leve a súa xira polas catro provincias galegas, comezando o xoves 7 de xuño no barrio de O Castiñeiro (Lugo), compartindo noite coa gran orquestra Panorama. Seguidamente, o venres 8 estarán na provincia de A Coruña, en concreto no concello de Carballo; e o sábado 9 chegarán a Ourense, á localidade de A Valenza (Barbadás) –onde actuarán acompañados da Disco Móvil Spacemusic a partir da medianoite--. Deste xeito, a fin de semana remata para a orquestra galega cunha actuación en Salvaterra de Miño, na provincia de Pontevedra, o domingo 10 de xuño. Ao respecto destas datas, Mark agarda que a acollida por parte do público galego sexa “sensacional”, ao igual que “o está sendo toda a tempada”, e “agardamos que siga sendo así até o mes de outubro”.

EL COMBO DOMINICANO, ‘REVOLUTION TOUR’

El Combo Dominicano (Las Palmas de Gran Canaria, 1992), pola súa banda, cun amplio repertorio que acolle todo tipo de música latina, dende cumbias, bachatas e salsa, até a súa propia especialidade no merengue, chega nestas primeiras semanas da súa xira con todo o sabor e o ritmo do seu inconfundible ‘swing’ dominicano, segundo apuntan dende a dirección da formación.

O espectáculo deste ano 2018 percorrerá Galicia baixo o nome ‘Revolution Tour’ e o hashtag #vívelo. Para un dos trompetistas da formación, recente incorporación desta tempada chegado dende as filas da orquestra La Favorita, Cristian Ramos, a grande novidade é “o repertorio bonito, fresco e capaz de poñer a gozar a calquera persoa que vaia ás nosas festas”. A canción favorita do músico é a que promocional da xira 2017, ‘Te lo voy a partir’, que este ano continúa sendo unha das primeiras cancións do repertorio e a que da fin ao segundo pase en cada festa que se preze.

En concreto, El Combo desprazarase este xoves 7 de xuño á localidade de A Valenza (Barbadás), na provincia de Ourense. Ademais, continuará o seu percorrido polas provincias galegas o venres 8, cunha actuación no barrio de San Antonio de Pádua (Lugo), xunto a outra das formacións revelación destes momentos, a orquestra New York. Polo que respecta ao sábado 9, estarán na localidade de Budiño (O Pino), na provincia de A Coruña, acompañados da orquestra que encabeza o ranking do público galego: Panorama. Cristian espera que a acollida nestas datas sexa “intensa e cariñosa”, xa que asegura que “todo o público vai gozar co… ¡Swing del Combo!”. Na xornada de domingo os integrantes de El Combo poderán descansar para retomar forzas fronte a unha semana chea de novas datas nesta xira ‘Revolution Tour’.

OLYMPUS, ’20 RAZONES POR TI’

A cuarta orquestra neste ranking das máis valoradas polo público galego, segundo ‘Orquestas de Galicia’ é Olympus (Negreira, A Coruña, 1998). A dirección da formación apunta que “con humildade e moito traballo foron crecendo pouco a pouco”, a base de “esforzo”. Así, sinalan que chegaron a conseguir éxitos e soños inalcanzables para moitos e impensables para eles mesmos fai uns anos atrás. A súa filosofía baséase en ofrecer un grande espectáculo a todos os niveis, tanto a través da escenografía como da luminotecnia, así como con impactantes coreografías a cargo dos 15 compoñentes do escenario.

Para esta xira 2018, titulada ’20 razones por ti’, Olympus presenta una imaxe renovada, que combina un chisco de ouro e un grande equipo humano para celebrar o 20 aniversario da orquestra. Unha das cantantes principais, Irene Iglesias, explica que a canción máis significativa e para ela a favorita é ‘My heart will go on’, tema pertencente á banda sonora do filme ‘Titanic’, que “xa se convertiu en parte do noso espectáculo, porque a película cumpre os mesmos anos que a nosa orquestra”. En concreto, de entre todas as cancións, Irene destaca unha interpretada por ela mesma, ‘El tango de Roxanne’, que posúe “grande dificultade á hora de executala” e lle fai sentir “moita paixón”. Ademais, a vocalista da formación apunta que a novidade para este 2018 é “dar cada vez máis aquilo que cremos que pode chegar a todo o noso público”, o que inclúe “música, baile e demais sorpresas que levamos preparando todo o inverno”.

Así, comezan as datas desta fin de semana o venres 8 de xuño –tras descansar a xornada de xoves--, cunha actuación na localidade de A Valenza (Barbadás), na provincia de Ourense, xunto á Disco Móvil Spacemusic, a partir da medianoite. Por outra banda, o sábado 9 desprazaranse até a provincia de A Coruña, a Xallas (Cee) –acompañados da orquestra Finisterre--. Irene afirma que “este fin de semana é dos fáciles, dos que gustan a calquera artista”, porque “A Valenza sempre é unha festa multitudinaria chea de vida, cor e aplausos” e “en Xallas son xente que nos trata como si fóramos da familia, contrátannos todos os anos e sempre conseguen que nos vaiamos con bo sabor de boca”.

Xira 'Revolution Tour', El Combo Dominicano 2018
Xira 'Revolution Tour', El Combo Dominicano 2018
Xira '#alolocolaparis', París de Noia
Xira '#alolocolaparis', París de Noia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Un calquera

Noooooon!!!!! E seguide borrando comentarios, sen insultos nin nada que se lle pareza. Sigo preguntando quen paga esas orquestras nunha aldea de 140 persoas, a maioría vellos, cunha renda percápita coma de Camerún. E sigo preguntando porque se suprimiron os comentarios desa noticia non contendo ningún insulto. E pregunto por que se vai borrar este?