Punto de inflexión

Coa moción de censura vitoriosa, o cambio de cor de azul a vermello no goberno central impacta de cheo sobre a política galega. A substitución forzada no partido popular albisca que previsiblemente o novo candidato á presidencia da nación vai ser un galego que sucederá a outro galego.

Por Arán Feijoo | Vigo | 08/06/2018

Comparte esta noticia
Con todo onde esta o importante de todo este asunto, nas macro eleccións que se aveciñan, se en xuño do ano que vén xa estaba sobre o tapete as eleccións municipais, autonómicas e europeas sobre esas datas. É bastante probable que tamén toquen eleccións xerais. É dicir toda a xestión pública decidirase nunha soa carta , nunha soa decisión colectiva que conducirá a marcar de forma clara o camiño para seguir durante o próximos catro anos.
 
 É boa esta concentración electoral , realmente resulta complicado dicir a ver como chega o país ao segundo semestre de 2019, persoalmente percibo tensión contida, existe unha certa mellora na economía a nivel dos fogares , é certo, con todo esta mellora é moi tímida e despois de varios anos de afacerse o cidadán medio a apertarse o cinto custa que desapareza esa sensación de medo a perder o conseguido.
 
 Existe un deseapego da política en xeral , a xente non considera que a xestión pública afecte directamente nas súas vidas e o que é peor se falas cun cidadán do montón , a súa opinión media sobre os políticos non é especialmente boa.
 
 Custa que a xente se implique. É máis fácil guialos cara a un enfrontamento , darlles un culpable dos seus males contar o que cargar as súas frustracións que conseguir que senten a reflexionar fríamente que é o que mellor nos convén. Iso é perigoso existe moita frustración latente, o pobo en xeral , é dicir, o conxunto das persoas están a desexar tranquilidade e estabilidade, non o conseguen . noticia tras noticia día tras días tan só reciben tensión e frustracións.
 
 Estamos en breve ante un punto de inflexión, se o nivel de crispación sobe chegaremos a un 2019 baixo moita presión para o cidadán porque en xuño xogámonos moito.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn