O curioso é que nalgunhas das rúas máis céntricas de Vigo, hordas de mozos, nenos máis ben, corren dun lado outro da rúa, molestando aos establecementos ou a algúns viandantes, dirixidos sempre por un ou dous.
Noutras indixentes camiñan dun lado a outro insultando aos viandantes, defecando na porta dos establecementos, en definitiva, montando batifondo.
Hai xa algúns anos tiven relación, longa e cordial cun vello Comisario de Policía, xa xubilado e hoxe falecido que, por circunstancias do destino, veu acabar os seus días a esta cidade de Vigo. Agradábame moito falar con el e mentres tentaba ensinarme latín , materia onde se empeñaba en axudarme a subir o nivel. Eu tentaba darlle conversación para acurtar o tempo de estudo.
En ocasións conseguíao. Nunha destas comecei a divagar sobre a cantidade de pequenos delincuentes que había na rúa e que en ocasións non se lles vía e noutras parecía que caían todos sobre unha mesma zona, montando batifondo.
Sorriume, e díxome algo así como, e ti que farías?. A miña resposta foi rápida e vehemente: “Deteríaos, e vostede?”. Non eu non, porque cando isto sucede é evidente que detrás da proliferación do menudeo ou a intensificación do problema nun tempo curto aí unha situación anómala, non é natural , diríxenos, alguén está pagando, alguén está a animar, búscase unha reacción.
É o principio de acción-reacción. Sóache querido lector?. O principio de acción reacción, fíxose popular nas algaradas rueiras. Búscase causar un problema para causar unha reacción das forzas contrarias para restablecer a orde e desta maneira conséguese xerar desorde.
Os nenos non se volven tolos dun día para outro e andan rúa arriba e abaixo entrando nos establecementos e molestando aos viandantes, os indixentes non perden o medo e organízanse para molestar aos locais e defecar nas súas portas sen motivo aparente. Sempre hai un motivo nos actos da masa, a desorde de cando en cando é espontanea. Pero, non é certo, sempre hai algúns animando e a pregunta é Cui Bono?