Temas: PRESTIGE

A sentenza do Prestige segue sen executarse por unha "situación de consecuencias imprevisibles"

A Audiencia da Coruña rexeita a execución provisional da sentenza do 'Prestige. 'Entre outras cuestións, baséase no feito de que o fallo estea recorrido ante o Tribunal Supremo.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/06/2018 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña desestimou a petición exposta pola Avogacía do Estado de execución provisional da sentenza do 'caso Prestige', xa que considera "que non é procedente acceder a tal solicitude" por varios motivos, entre eles, que "non cabe a execución provisional dun auto", segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Petroleiro Prestige
Petroleiro Prestige | Fonte: Europa Press

Lembran tamén os maxistrados que o auto que se pretende executar, no que se fixan as indemnizacións que corresponden a cada parte, está recorrido ante o Tribunal Supremo. Para os maxistrados da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, de executarse provisionalmente os autos, se a Sala do Penal do Tribunal Supremo estimase en todo ou en parte os recursos de casación interpostos, levaría a unha "situación de consecuencias imprevisibles".

INDEMNIZACIÓNS

No fallo sobre o 'Prestige', determinábanse as sumas que definitivamente procedía abonar aos prexudicados, cantidades que habían de ser pagadas polas partes condenadas, o capitán do barco, Apostolos Manoguras e a compañía aseguradora, The London Steamship Owners Mutual Insurance Association.

Subsidiariamente, condenouse a facer fronte ao pago destas cantidades á entidade Mare Shipping INC (propietaria do buque), mentres que o Fondo Internacional de Indemnización de Danos debidos á Contaminación por Hidrocarburos (Fidac) estaba obrigado a indemnizar até os límites expresamente establecidos no convenio aplicable.

Desta forma, a Sala sostivo que correspondía ao Estado español a cantidade de 1.573 millóns de euros, á Xunta de Galicia 1,8 millóns e a Francia 61 millóns de euros, ademais das sumas que se fixaron para outras entidades, concellos e particulares. Contra o pronunciamiento da Audiencia Provincial da Coruña, cabe interpor recurso de súplica, segundo recolle o fallo feito público este xoves.

Temas: PRESTIGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta