Temas: VALDEORRAS VIñO

Conta atrás para a Feira do Viño de Valdeorras

O Pleno do Consello Regulador vén de aprobar a celebración da XXI edición da mostra os vindeiros 14 e 15 de xullo e as bases para a XIX Cata Oficial.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 16/06/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Comeza a conta atrás para a gran cita cos viños valdeorreses, un foro que ademais de contar cos mellores caldos de adegas da D.O. Valdeorras tamén contará con diferentes actividades paralelas. Actividades “que converterán á comarca de Valdeorras nun excepcional escaparate para os seus viños e no epicentro festivo e de lecer da provincia de Ourense durante dous días”, tal como salientou José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador.

Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Fonte: CRDOV
Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Fonte: CRDOV

O programa da feira, que será presentado nas vindeiras semanas, contará con actuacións musicais, exaltación da gastronomía autóctona e actividades lúdicas para todos os públicos e especialmente para os máis pequenos. O horario de apertura do recinto feiral, na praza barquense de Viloira como en anos anteriores, será nas dúas xornadas será de 12:30 a 14:30 e de 19:00 a 23:00 horas.

Con anterioridade á Feira do Viño celebrarase, nas instalacións do Consello Regulador en Vilamartín de Valdeorras, a XIX Cata Oficial dos viños de Valdeorras. As bases da iniciativa, aberta á participación das adegas interesadas, quedaron tamén aprobadas no Pleno.

Praza de Viloira, recinto feiral. Fonte: CRDOV
Praza de Viloira, recinto feiral. Fonte: CRDOV
Temas: VALDEORRAS VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta