O avogado dos pais de Diana Quer espera que a reconstrución de feitos aclare "se existen contradicións"

Considera que a dilixencia posibilitará "contrastar as cousas que di" 'o Chicle' sobre o crime da moza madrileña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2018 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

O avogado dos pais de Diana Quer, Ricardo Pérez Lama, espera que a reconstrución de feitos en relación á morte da moza madrileña aclare "se existen contradicións" nas declaracións do autor confeso do crime, José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'o Chicle'.

O Chicle volve ao xulgado de Ribeira
O Chicle volve ao xulgado de Ribeira | Fonte: Europa Press

"Estamos ante unha dilixencia que entendemos que é moi importante, pedímola desde o inicio", subliñou o letrado á súa chegada ao Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira, onde foron citadas as partes este venres ás 10,00 horas.

Pérez Lama lembrou que esta dilixencia foi acordada polo xulgado instrutor o pasado mes de maio, após pedila a Fiscalía e a acusación, "e, en consecuencia, hoxe practicarase", abundou. "É importante porque obviamente aí se poderá contrastar as cousas que el di e, en todo caso, a nós vainos a dicir se efectivamente existen ou non contradicións coas súas declaracións", puntualizou o avogado que exerce a acusación particular en nome dos pais de Diana Quer.

Preguntado se espera que 'o Chicle' colabore nesta dilixencia, Pérez Lama insistiu en que confía en que "así o faga". "Para iso tentamos facer esta reconstrución de feitos, que é unha dilixencia realmente importante", subliñou. "Imos ver como se desenvolve, o resultado aínda non o sabemos", concluíu antes de iniciar o percorrido co autor confeso da morte da nova.

CHEGADA DO 'CHICLE'

'O Chicle' entrou no edificio xudicial de Ribeira após baixar dun furgón da Guardia Civil, tapado cunha carapucha escura, ás 9,55 horas deste venres. Mentres, a avogada de oficio que representa ao autor confeso do crime de Diana Quer entrou 20 minutos antes e a representación da acusación minutos despois, após pararse cos medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta