O Concello de Ferrol recorrerá a taxa que obriga á veciñanza a pagar "facturas abusivas" polo servizo de augas

O Concello considera que o servizo que presta a empresa de augas non é correcto e entende que a sentenza é desfavorable aos intereses do pobo de Ferrol. PSOE e BNG apoian o recurso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/06/2018 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O pleno da corporación, con 13 votos positivos (Goberno, PSOE e BNG, e a edila non adscrita) e coa abstención do PP (11) acordou este luns a presentación do recurso de apelación ante o TSXG en contra da sentenza do Xulgado de Ferrol pola cal a taxa que hoxe en día está pagando a veciñanza polo servizo de augas se mantiña.

Planta da depuradora de Ferrol / Facua Planta da depuradora de Ferrol / Facua
Planta da depuradora de Ferrol / Facua Planta da depuradora de Ferrol / Facua

O Concello considera que o servizo que presta a empresa Emafesa, encargada deste servizo de augas, non é o correcto. E entende, pois, que a sentenza é desfavorable aos intereses do pobo de Ferrol. "Non pode recaer nos veciños e veciñas desta cidade un cargo económico dun tributo por un servizo ficticio, non real, nin patente nin efectivo, prestado a través dunha depuradora inacabada", aseguraron no pleno extraordinario.

Pola súa banda, a Plataforma pola Remunicipalización reivindica unhas facturas "non abusivas e sen lecturas abultadas e irregulares". Con estas reivindicacións á cabeza, teñen previsto un calendario de actividades ao longo de toda esta semana próxima, dende o martes 19 ata o venres 22. Así pois, organizarán mesas informativas e actos en diferentes puntos da cidade e manterán unha reunión coa Asociación de Mulleres para xuntar forzar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta