Temas: CANARIAS MúSICA

Os canarios que veñen conquistar Galicia.... cantando

Xa ben entrado o mes de xuño as formacións das Illas Canarias chegan á nosa terra para pasar todo un verán de actuacións que apenas lles deixará dous días de descanso por semana. O grupo Nueva Fuerza incorpora esta xira novidades en canto a vestiario e temas.

Por Ángela Precedo | Cabrui, A Coruña | 20/06/2018 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Este foi un fin de semana de estreo. Xa ben entrado o mes de xuño arranca a intensa tempada de verbena en Galicia, un período que perdurará ata finais de setembro –unha media de tres meses ou tres meses e medio--. Así, as formacións galegas comezan a pechar todas as datas da súa nova xira, que apenas lles deixará libres un ou dous días por semana –no mellor dos casos, porque para orquestras como El Combo Dominicano ou París de Noia, así como Panorama, é case un milagre descansar unha vez ao mes--. 

Cartel promocional xira 'A fuego', grupo Nueva Fuerza.
Cartel promocional xira 'A fuego', grupo Nueva Fuerza.

Pola súa banda, as formacións canarias chegan á nosa terra dispostas a permanecer nela até o remate do verán. Entre elas, cabe citar ao grupo Bomba (Las Palmas de Gran Canaria, 2002), a orquestra Armonía Show (Las Palmas de Gran Canaria, 1978), xeralmente tamén a orquestra Tamarindos (Las Palmas de Gran Canaria, 1980) –este ano a grande ausente--, a nova incorporación de Furia Joven (Las Palmas de Gran Canaria, 2002) –a novidade do verán--, a orquestra Johnny Maquinaria (Tenerife, 2017) e o grupo Nueva Fuerza (Las Palmas de Gran Canaria, 2016).

E, precisamente, este fin de semana tocoulle o arranque e estreo de tempada ao grupo Nueva Fuerza, formación pertencente ao mesmo director de El Combo Dominicano, Cirano Núñez, e, polo tanto, á compañía Combo Music. Así, a parroquia que tivo a sorte de presenciar a primeira actuación deste grupo, que cada vez conta con máis seguidores fieis en apenas tres anos de vida, foi a parroquia de Cabrui, na localidade coruñesa de Mesía.

A formación actuaba o pasado venres 15 de xuño na compaña da tradicional orquestra galega Los Satélites (A Coruña, 1938), que foi a que deu comezo a esta nova sesión de festa ás 23,00 horas da noite, tras unha comedela na que se puido degustar panceta e chourizo, entre outros alimentos, organizada pola propia comisión, ao lado da zona habilitada para o espectáculo das dúas formacións. Este espazo tamén contaba con algunhas atraccións para os máis pequenos e con postos diversos dos habituais que se colocan nas ferias, así como cunha cantina.

A primeira gran sorpresa por parte de Nueva Fuerza prodúxose nada máis elevarse o telón. Dúas grandes novidades chamaron a atención dos seus seguidores: por unha banda, a canción de arranque do grupo, a cargo de Alberto Novelle, estaba en inglés --algo pouco habitual nas formacións canarias, con ritmo máis asimilado ao panorama latino e, polo tanto, en español--. A segunda gran novidade foi o vestiario, xa que Nueva Fuerza o pasado ano, durante a tempada 2017, tiña unha roupaxe máis de estilo urbano e que, dalgún xeito, transmitía a esencia da orquestra e dos seus temas, asimilada ao estilo reggaetón e trap. Sen embargo, nesta ocasión, apareceron ataviados cun traxe, cun esmoquin que deixou ao público perplexo: chaqueta e pantalón grisáceos e camisa blanca.

Sen embargo, esa paradoxal imaxe durou pouco. Tras a primeira das cancións retornou o estilo inigualable do grupo, a son de temas de actualidade versionados con ritmos máis bailables, con moito reggaetón, bachata e algunha que outra aproximación ao trap. Así, fóronse sucedendo as cancións versionadas como ‘Felices los 4’, de Maluma, a cargo de Arodi Llanos –líder do grupo e excompoñente de El Combo Dominicano (2015)—ou ‘Si tú te vas’, de Tony Tun Tun, interpretada por Alberto.

Ademais, intercalábanse outros temas propios do grupo, señas de identidade, como a así calificada polo propio líder da formación, Arodi Llanos, como bachata trap, ‘Como yo no hay’, recén estreada a comezos de marzo deste ano; e a bachata composta e interpretada por el mesmo dende o ano 2015, durante a súa etapa en El Combo Dominicano, ‘Mi corazón’. Tamén sorprendeu a incorporación da guitarra de Alberto Novelle, que acompañou varios dos temas, como o de J. Quiles, ‘Orgullo’, entre outros.

A festa encendéuse rápidamente, nela había moitos grupos de amigos e coñecidos que sempre estiveron apoiando a esta xoven formación dende os seus comezos, no ano 2016 e que xa botaban de menos escoitar a estas catro grandes voces da verbena galega e canaria. Moitos dos seus temas, por tratarse dun grupo –é dicir, que traballa con pistas xa grabadas porque non dispón de metais nas súas filas e só conta con tres músicos sobre o escenario--, proceden directamente de El Combo Dominicano. Deste xeito, son as mesmas versións cun toque orixinal aportado pola simpatía e por ese toque persoal e intransferible do que dispón cada un dos membros do grupo, principalmente por parte de Arodi Llanos, cuxa personalidade fai que cada actuación sexa diferente.

Outra das novedades da xira foi o cambio de lema, que, nesta ocasión, responde ao cambio de nome da xira, deixando a un lado o ‘Con más flow’ de 2017 e véndose sustituido por un ‘A fuego’ –‘A lume’-- neste 2018. Así, o cantante principal coreaba en cada canción: “con que vimos?”. E o resto dos integrantes, e tamén do entregado público, dicían: “A fuego!”. Estas bullas eran recibidas principalmente cando se interpretaban os temas máis movidos e recoñecibles para os espectadores: ‘La masoquista’ ou ‘El Mango’, temas de Amarfis interpretados por todos os integrantes de Nueva Fuerza.

TURNO DO COMBO DOMINICANO

Con todo, a fin de semana só estaba arrancando para a compañía Combo Music, xa que ese mesmo día tamén actuaban na parroquia de Rodeiro, en Pontevedra. O sábado, actuación que desgranaremos  continuación máis polo miúdo, tocoulle o turno á parroquia pontevedresa de Cordeiro, acompañados do trío Soprano; mentres que Nueva Fuerza actuou nas xa habituais festas de A Gracia, en Santiago de Compostela, en compaña do trío Alborada.

A festa en Cordeiro deu comezo ás 23,00 horas, e o turno do Combo foi ás 00,30 horas. Esta noite, pese a contar nas proximidades coa presenza dunha das súas orquestras competidoras a nivel de seguidores, a París de Noia, que actuaba na localidad de Rianxo (A Coruña), situada a 15 kilómetros de distancia –apenas un cuarto de hora de traxecto en coche--, o Combo conseguiu reunir na festa a gran cantidade dos seus seguidores habituais.

Ademais, na festa, notábase que este sábado fora un día de comunións e de outras diversas celebracións, contando tamén con  bodas e bautizos, xa que había gran cantidad de espectadores vestidos de traxe y máis arreglados do que é costume para acudir a unha verbena.

Así fóronse sucedendo temas e temas e, nesta ocasión, os das mulleres do Combo, a cargo de Davinia Fleitas, foron os máis coreados polo público. Cancións como ‘Mentiroso’ e ‘Herida’ –un dos novos temas incorporados nesta xira ‘Revolution Tour 2018’-, que contan coa presenza no escenario das dúas bailarinas canarias da formación: Yesenia Perera e Celia Sentís –nova incorporación tamén ás filas da orquestra nesta tempada, en substitución de Raquel Lorenzo Monzón, actual cantante de la orquestra Galilea e que pertenceu ao Combo como bailarina entre os anos 2015 e 2017.

Temas: CANARIAS MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta