Alfonso Hermida e Tati Moyano deixarán o Telexornal Serán por "discrepancias coa liña informativa" da CRTVG

Os xornalistas presentaron a súa dimisión o pasado venres. Persoal da CRTVG demanda o mantemento das desconexións locais que vai suprimir a Radio Galega. A dirección dos medios públicos galegos impide o acceso ás instalación de San Marcos do comité de empresa provincial de CRTVE.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/06/2018 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Alfonso Hermida e Tati Moyano, condutores do Telexornal Serán, comunicaron o pasado venres, 15 de xuño, a súa dimisión por "discrepancias coa liña informativa" da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CTVG). A dimisión destes dous reputados xornalistas coincidiu coa campaña #VenresNegro4CRTVG para denunciar a "manipulación informativa" no ente público. Con todo, ambos os dous presentadores continuarán no posto ata o arranque da temporada de outono.

Alfonso Hermida e Tati Moyano.
Alfonso Hermida e Tati Moyano.

No que será a quinta edición da campaña de denuncia, este #VenresNegro5CRTVG dedicarase a "aplaudir a dignidade" destes xornalistas, "tan necesaria nestes momentos", valorou o sindicato CUT.

Os chamados "venres negros" son unha iniciativa na que os profesionais dos medios públicos galegos están apoiando as reivindicacións dos seus compañeiros da CRTVE, á par que denuncian a manipulación informativa na televisión e radio galegas.

Desde a dirección da CRTVG non se fixo nin o máis mínimo esforzo por tentar convencer a Hermida e Moyano para que non dimitisen. De feito, a marcha de voces críticas dentro da CRTVG supón máis aire para a dirección, que poderá seguir aplicando o rodete. 

REBELIÓN INTERNA

A rebelión dos profesionais contra a dirección do ente tivo este martes un novo capítulo. O Comité Intercentros da CRTVG entregoulle ao director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, 553 sinaturas de traballadores dos medios públicos que demandan a continuidade da emisión dos informativos locais na Radio Galega, que a dirección vai suprimir a partir do 9 de setembro.

Os traballadores solicitan ademais o reforzo das delegacións territoriais, mermadas de persoal e sen técnicos de control, para ofrecer a información de proximidade con maior calidade.

Nas sinaturas, os demandantes aseguran que a información local xera espazos de referencia que axudan a vertebrar o país e contribúen a manter a pluralide de voces e temas, tal e como ordena a lei que regula a CRTVG.

Para o persoal dos medios galegos, eliminar os locais sería abandonar en parte ese cometido, suprimir unha das funcións para as que foron creadas as delegacións da Radio Galega e renunciar a un referente para os oíntes, que acabarán escollendo outras emisoras para saber o que pasa na súa contorna. Pídenlle tamén á Dirección Xeral que recapacite e reconsidere a súa decisión.

A entrega desas sinaturas coincidíu cunha xuntanza que estaba prevista celebrar na sede central de San Marcos da CRTVG entre o Comité Intercentros e o comité de empresa provincial de CRTVE-Galicia, motivada polas problemáticas comúns que comparten ambas as dúas representacións sindicais. O Intercentros da CRTVG denuncia que a dirección de recursos humanos non permitíu o acceso dos sindicalistas da radiotelevisión pública española, polo que o encontro tivo que celebrarse na porta do edificio

Os traballadores denuncian que "é a primeira vez que se obstaculiza o acceso á CRTVG de delegados externos, unha práctica habitual que nunca se cuestionou" e que, en opinión do Comité Intercentros, está relacionada coas mobilizacións que se veñen producindo nas últimas semanas na CRTVG en defensa do servizo público (desaparición do programa Diario Cultural e das desconexións locais, ademais dos venres negros contra a manipulación informativa e a prol da creacións do Consello de Informativos) e que, segundo o comité, "causan malestar na dirección dos medios públicos".

O Comité Intercentros da CRTVG e o Comité de CRTVE reuninaranse nos vindeiros días para activar mobilizacións conxuntas de protesta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Raul

Un hurra pola decisión de estos dous presentadores da TVG. ED un acto de dignidade que lles honrae poien en evidencia o comisariado político e nada profesional que goberna esa casa. O PP est´se apropiando indebidamente dun medio de comunicación que é de todos os galegos e que pagamos todos.

3 Vijo

Lo que tenían que hacer con la Telegaita era cerrarla de una puñetera vez. Eso es un pozo sin fondo de dinero de todos para gloria de los políticos. Antes del PSOE y BNG, ahora del PP. El que la quiera que la pague él.

2 Oliveira

Fundiron as audiencias e antes de que os botaran denuncian manipulación. Uns ghetiñas.

1 anonimo

Que non te enteras, Contreras!

1 Umhc

Alguna vez tendríais que publicar la cifras de audiencia de la telegaita y su radio en las ciudades. Ya supongo que pueden tener cierta audiencia entre aldeanos, supongo que mayores, pero en las ciudades, al menos en la mía que es Lacoru no conozco a nadie que vea Luar, Supermartes y demás. De la radio no podría dar el título de un solo programa.

1 Un vigués

Pois eu vivo en Vigo e moita peña que coñezo eu, castelanfalantes de pro, miran a TVG tanto ou máis que outros canles

2 Wear

Eu tamben son "de la coru" e vexo moita tvg, os telexornais a algunha peli e algún programa comi o lan rober. E da radio poño moita musica no coche da radio galegamusica.

3 Susofis

Mimá, neno... O supermartes debe de facer máis de dez anos que non se emite. E por certo... o programa con máis porcentaxe de audiencia de TÓDALAS televisións nacionais, é o Land Rober, entre outros fitos da TVG, que é a máis rentable con diferencia de tódalas canles autonómicas, sen que iso quite a asquerosa manipulación de contidos que sofre. A ver se nos informamos un pouquiño.