Caballero pide un tren de alta velocidade que conecte Vigo e Porto en 35 minutos
O presidente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo pide facer da Eurorrexión “unha das grandes áreas industriais de Europa”. “Sería unha revolución”, asegurou.