Temas: POBREZA RENDA

O risco de pobreza mantense en Galicia mentres baixa no resto do Estado

Soben as rendas medias por persona e por fogar na Comunidade, pero seguen por baixo da media estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2018 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O 18,7% dos galegos estaba en 2017 en risco de pobreza (tendo en conta os ingresos de 2016), o que supón uns tres puntos por baixo da media española (21,6%), segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pobreza
Pobreza

Este é un indicador relativo que mide a desigualdade, é dicir, cantas persoas teñen ingresos baixos en relación ao conxunto da poboación, explica o INE. Non mide a pobreza absoluta. Así, hai unha baixada nesta taxa en Galicia de tres décimas respecto ao 19% que supuña o ano anterior. Con todo, este ritmo de descenso é máis acusado o Estado, xa que descende sete décimas do 22,3% ao 21,6%. Esta é a segunda baixada consecutiva anual na taxa de risco de pobreza na Comunidade, despois da maior subida rexistrada en 2015, ao elevarse ata o 19,4% desde o 15,4% de 2014.

Así mesmo, esta estatística revela que o 38% dos fogares galegos non podía permitirse unha semana de vacacións en 2017 (máis que a media española do 34,4%), o 23,7% non tiña capacidade de afrontar imprevistos (10 puntos menos que a media), o 6,2% tiña moita dificultade para chegar a fin de mes (tres puntos menos que a media) e os 3,7% atrasos nos pagos da súa vivenda (case catro puntos menos que a media).

RENDA

En 2017, o limiar de risco de pobreza para os fogares dunha persona --calculado cos ingresos de 2016-- situouse en 8.522 euros, un 3,8% máis que o estimado para o ano anterior. En fogares formados por dous adultos e dous menores de 14 anos, o limiar foi de 17.896 euros. Pola súa banda, a renda media por persona subiu un 3% en Galicia ata 10.753 euros en 2017, o que supón uns 300 euros máis que os 10.439 do ano anterior. En España, hai un aumento do 3,4% até 11.074 euros. En canto á renda media por fogar, subiu en Galicia un 2% até alcanzar os 26.533 euros. No entanto, está uns 1.000 euros por baixo da media estatal 27.558.

Temas: POBREZA RENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta