O BNG elixe a Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera candidatos ás alcaldías de Santiago e A Coruña

Con Lores, Arroxo e Rivas perfilados como candidatos en Pontevedra, Lugo e Ferrol, só falta anunciar os de Ourense e Vigo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/06/2018 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera serán os candidatos do BNG ás alcaldías de Santiago e A Coruña, respectivamente, nas eleccións municipais do próximo ano. As localidades coruñesas acollen este venres as asembleas nas que os militantes frontistas referendarán a Sanmartín e Jorquera como cabezas de lista para os comicios da próxima primavera.

Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera
Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera | Fonte: Europa Press

Os nomes da vicepresidenta da Deputación da Coruña e o do presidente da Fundación Galiza Sempre son os escollidos pola dirección nacional do Bloque e, previsiblemente, serán referendados polas asembleas locais da formación frontista.

Así, Sanmartín substituirá ao actual portavoz do BNG en Santiago, Rubén Cela, candidato nas dúas últimas citas electorais e que hai dúas semanas anunciou que non repetiría o próximo ano por motivos "exclusivamente" persoais.

Á súa vez, o candidato do BNG á Presidencia da Xunta nas autonómicas do ano 2012, Francisco Jorquera, encabezará a lista coa que os nacionalistas tratarán de mellorar o resultado obtido na cidade herculina no ano 2015, cando tan só lograron unha acta de concelleira, ocupada por Avia Veira.

Deste xeito, a formación que lidera Ana Pontón continúa co proceso de elección de candidatos para as municipais, que espera ter definidos antes do 25 de xullo, polo menos nas sete principais cidades.

Así, confirmado que Miguel Anxo Fernández Lores aspirará a lograr o seu sexto mandato en Pontevedra e que Rubén Arroxo e Iván Rivas encabezarán de novo as listas de Lugo e Ferrol, respectivamente; coa elección de candidatos na Coruña e Santiago tan só faltan por despexar as incógnitas de Ourense e Vigo, onde o BNG quedou sen representación na última cita coas urnas.

SANMARTÍN E JORQUERA

Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, Goretti Sanmartín —A Estrada (Pontevedra), 1964— é coordinadora da Executiva nacional do BNG. Ademais, é edil no Concello de Santiago desde 2015, ano no que se converteu en vicepresidenta da Deputación da Coruña grazas ao pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas.

Francisco Jorquera —Ferrol, 1961—, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi elixido senador por designación autonómica no ano 2005 en substitución de Anxo Quintana. Tres anos máis tarde logrou un escano no Congreso logo de encabezar a lista do BNG nas eleccións xerais de 2008, resultado que repetiu en 2011.

Jorquera retornou a Galicia para optar á Presidencia da Xunta nos comicios autonómicos de 2012, nos que o BNG caeu até os sete escanos. Ostentou a portavocía parlamentaria durante a pasada lexislatura e, ao termo da mesma, anunciou a súa renuncia a ir nas listas electorais. Desde entón, preside a Fundación Galiza Sempre, ligada á formación frontista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 comunista independentista

A culpa é da FPG.

4 Marga

Nomeados por dedazo, e vindeiro venres "serán referendados polas asembleas locais" (sic). Até o PP adianta pola esquerda!!!

1 Arquetipo

E que non o supera nin Ferrín colocando aos seus "chorbos" na RAG ao volante do Audi!!!!.

3 Txiringuito upegallo

Uuuuuuuuuuh,uuuuuuuuh,uuuuupg. Puag

2 Xan do Can

Os caretos nos carteis, coas fotos de ambos, van quedar moi lucidos. Ben sei que conta ser da casa, da vella garda, a UPG manda, unha recoñecida como intelectual e profesora con vida fóra da política (certo que os méritos: de normalizar o galego na UdC, nada; ser académica da RealAG, noxo; e a servidume do PsoEspañol na deputación clientelar con Valentín Formosa da Coruña, pior), e valorado o fontaneiro do aparato (Jorquera, toda a vida laboral chuchando da política, un de tantos, samesugas que darán prioridade á teta que a cambios que fagan perigar o sustento, sistémicos acomodados sendo minoría chupona, lacra de oposición contenta coas migallas para beneficio do poder, así foi sempre o PcE desde Carrillo a Yolanda ou Garzón, así era Bautista e é a UPG de Jorquera e Pontón). Parabéns pola escolla en nome do poder establecido! Que novidade: o aire viciado segue comandando o BNG!

1 bautista do unto

Jorquera acostumado a vivir sen traballar, xa levaba un tempo no paro

1 Xanc

Bautista morreu. Non respetades nin aos mortos, puñ.teros malnac.dos

2 Pepóptero

Todo é traballo. Ao mellor traballou máis que ti. A min Rajoy non me cae simpático pero a pesar de que hai poucos que leven na política o tempo que leva el (desde os primeiros 80 do século pasado) non considero que non traballara. Creo que tedes un concepto da política moi errado e así non chegaredes a ningures.

3 Bernal Calvo Delaciga

Os primeiros "puñ.teros malnac.dos" en non respectar o camarada Bautista, censurando os seus artigos, foron os do seu partido UPG/BNG: https://es.scribd.com/doc/300222841...