Galicia aumenta un 11,8% os socorristas que traballarán este verán, até 5.404

As competencias para contratar socorristas corresponden a cada concello.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2018 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Un total de 5.404 persoas están inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, o que os habilita para poder traballar nas praias do país este verán, e supón un 11,8 por cento mais de profesionais habilitados que o ano pasado.

Socorristas na praia de Coroso, Ribeira.
Socorristas na praia de Coroso, Ribeira.

A premisa da Xunta é que todos os veráns as praias galegas conten cos mellores profesionais para levar a cabo unha tarefa tan importante como velar pola seguridade dos milleiros de bañistas que cada día están no litoral galego.

O Goberno galego lembra que as competencias para contratar socorristas corresponden a cada concello, pero subliña que, "co obxectivo de garantir a seguridade e a prestación dun servizo de calidade", no ano 2012 regulou a formación mínima que deben ter os socorristas acuáticos.

Fíxoo a través dun decreto que establecía a formación mínima coa que é necesario que conten estes profesionais e mediante a creación do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O decreto foi aprobado, incide, coas achegas dos principais axentes implicados: Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), as tres universidades galegas, Cruz Vermella e Federación de Socorrismo de Galicia, ademais de ser sometido a exposición pública para ter en conta as opinións da cidadanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta