Pablo Casado ofrece a Feijóo o posto que queira se sae elixido presidente do PP

O ex-visecretario de Comunicación do PP apela na Coruña ao 'efecto Feijóo' no seu primeiro día de campaña e di que se gana, o dos Peares estará "onde queira".

Por E.P. | A CORUÑA | 23/06/2018 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

O ex-visecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, un dos aspirantes entre os que os máis de 869.535 afiliados terán que elixir para liderar o partido o 5 de xullo, presentou a súa candidatura na Coruña como mostra da súa "admiración profunda" ao presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao seu proxecto político.

Casado, Feijóo e Diego Calvo, na Coruña
Casado, Feijóo e Diego Calvo, na Coruña | Fonte: Europa Press

De feito, após apelar ao 'efecto Feijóo' en busca do apoio dos seus, Casado avanzou que, se gaña o congreso de sucesión de Mariano Rajoy, o líder galego estará "onde queira e cando queira".

A sede do Partido Popular na Coruña quedouse pequena para recibir a Pablo Casado. Ante a presenza de Feijóo, do secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, e do presidente provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, o candidato dos 'populares' xustificou a súa elección por estar "no berce do PP, de Manuel Fraga e de Mariano Rajoy" e na terra de Feijóo, que desenvolveu o modelo de partido que el aspira a implantar.

"Se eu presido o PP de España quero facer o mesmo que fixo Feijóo co PP de Galicia, un partido ilusionado, un partido renovado, gañador e unido", proclamou,.

Ás decenas de afiliados presentes no acto realizoulles unha promesa maior en relación ao seu xefe de filas. "Se isto vai ben e saio elixido no PP, ti estarás onde queiras, cando queiras e como queiras, e dígoo por responsabilidade política", proclamou, ante Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fran Sieiro

Pois a ver logo se o levas para Madrid contigo, que aquí xa desfixo abondo.

1 Fran Sieiro

Pois a ver logo se o levas para Madrid contigo, que aquí xa desfixo abondo.