O equipo de drons da Axega súmase á procura do home de 85 anos desparecido en Ribadumia

O equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias sumouse á procura dun home de 85 anos que permanece desparecido desde este sábado no municipio pontevedrés de Ribadumia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2018 | Actualizada ás 20:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias sumouse á procura dun home de 85 anos que permanece desparecido desde este sábado no municipio pontevedrés de Ribadumia.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu o aviso ao redor das 14,00 horas de mans dun familiar alarmado pola demora do home á hora de volver a casa.

O desaparecido é veciño do lugar de Rabuñade, en Ribadumia, usa lentes e bastón e este sábado ía vestido cunhas bermudas de cor vermella. Segundo o relato da súa familia, o octoxenario visitou a unha veciña sobre as 11,00 horas deste sábado e non volveron saber do seu paradoiro.

A Garda Civil coordina o operativo de procura no que, ademais dos drones da Axega, sumáronse os cans de rescate do GES de Padrón, os voluntarios de Protección Civil de Ribaduima e os Bombeiros do Salnés.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta