Falece un pescador que foi localizado no mar preto de Portocelo, en Xove (Lugo)

O home era de orixe coreana e veciño da localidade de Monforte

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2018 | Actualizada ás 12:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Salvamento Marítimo trasladou a terra a un pescador, que foi localizado na auga na zona de Portocelo, en Xove (Lugo), e que faleceu a pesar dos intentos dos servizos sanitarios por reanimalo, segundo indicaron fontes do 112 a Europa Press.

Salvamento indicou que se recibiu a alerta a través do servizo de Emerxencias do 112 Galicia, co que se puxo en contacto un particular, para informar de que había un pescador na auga.

Até o lugar desprazouse a lancha de salvamento Saturno e o helicóptero Pesca II, que comprobaron que había unha persoa flotando na auga. Tras proceder ao seu rescate, o home foi trasladado á terra, onde foi atendido por efectivos sanitarios do 061.

A pesar dos intentos por reanimalo, o home faleceu, segundo informaron fontes do 112, que indicaron que se trata dunha persoa de orixe coreana e veciño da localidade de Monforte.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta