Noite en familia no pobo coruñés de Ortoño para darlle o adeus ao San Xoán

Este domingo continuaron as celebracións do San Xoán. No municipio de Ames apostaron por contratar a unha formación que prácticamente é a súa veciña durante a época estival, o grupo Nueva Fuerza, instalado na localidade de Bertamiráns.

Por Ángela Precedo | Ortoño, Ames, A Coruña | 25/06/2018 | Actualizada ás 22:19

Comparte esta noticia

A parroquia coruñesa de Ortoño, no concello de Ames, celebrou este domingo 24 de xuño as súas festas de San Xoán, en compaña das agrupacións Nueva Fuerza e Trío La Noche. Malia ser unha difícil noite de domingo, na que a maior parte da xente opta por quedarse na casa debido a que ao día seguinte se traballa, dende o comezo da noite houbo moitos veciños da propia localidade e doutros municipios próximos --coma Bertamiráns-- que acompañaron a unha das formacións ‘da familia’: o grupo Nueva Fuerza. E son coma da familia porque durante os veráns viven moi preto deste pobo e pasan unha tempada longa de tres meses na xunto aos seus ‘amigos galegos’, que lles seguen e apoian en todas as verbenas ás que poden asistir.

Grupo Nueva Fuerza en Ortoño (Ames).
Grupo Nueva Fuerza en Ortoño (Ames).

Por iso, este domingo á noite os catro integrantes masculinos do grupo –Arodi Llanos, Alberto Novelle, David Afonso Hernández e Aitor Ojeda--, ademais dos catro músicos que os acompañan –entre os que se atopa o baixista Álex Laioss--, estaban arroupados polo calor deses fieis seguidores, desas caras coñecidas que sempre incitan a pasalo ben nunha entrañable festa en familia. Neste ambiente, a actuación de Nueva Fuerza deu comezo a eso das once e media da noite, nun campo habilitado con cantina, pulpería e colchonetas para os rapaces máis pequenos, situado no propio centro do concello.

Ao levantarse o telón, os catro integrantes apareceron ataviados cos seus novos traxes para esta xira 2018, ‘A fuego’, cantando a ritmo de Bruno Mars, cunha primeira intervención de Alberto Novelle, seguido de David Afonso Hernández --ex compoñente do grupo The Boys Machine (de 2012 a 2016)-- e coros realizados polas catro voces en conxunto. Deste xeito, cando se unen as catro voces coordinadas, compoñen unha armonía que deixa a todo o mundo abraiado, xa que, pese a que os seus rexistros son moi diferentes –a tenrura de Aitor, a potencia de David, a inimitable e característica voz de Alberto e a facilidade para cambiar de rexistros e o rollo que lle aporta Arodi--, xuntos soan coma un só.

Con todo, a segunda canción foi a que lle deu á festa o lume de San Xoán que precisaba, con lapas que prendían na pantalla do escenario, a ritmo de ‘Menéate y menea’ –con frases que incitan a moverse e desfrutar, como “este mambo es candela y loco te va a poner”--, canción interpretada por David Afonso Hernández e con coros de todos os integrantes. Ademais, ao mesmo tempo que cantaban, os catro compoñentes lucían os seus movementos nunha contaxiosa coreografía que facía que os máis mozos da verbena imitasen os seus pasos de baile. Entre a canción, as bullas eran o mellor para espertar aos aínda non bailadores e que, ao final da noite, ao son dos berros de “¡Cógelo!” y “Oye, mi amor, esto es pa’ ti y te va a gustar” de David, remataron tamén metidos por completo no ambiente festeiro.

Aitor Ojeda, integrante de Nueva Fuerza, en Ortoño (Ames).
Aitor Ojeda, integrante de Nueva Fuerza, en Ortoño (Ames).

AGRADECEMENTO Á COMISIÓN DE FESTAS

Tras este tema, David, a modo de presentador da formación, pediu un aplauso para a comisión de festas, porque sen eles non sería posible a presenza do grupo en Ortoño. Así, antes de continuar, tamén anunciou como ía ser a dinámica da actuación: “continuamos cunha cumbia, algo máis relaxadiño e calmadiño, e iremos pouco a pouco subindo a intensidade”. A cargo de Aitor Ojeda chegou a canción de ‘Báilame’, tema moi actual de Nacho, con partes máis rápidas de estilo urbano interpretadas por Arodi Llanos e Alberto Novelle.

Seguidamente, Alberto Novelle deu paso a unha canción titulada ‘Si tú te vas’, do canario Tony Tun Tun, que, como é característico do grupo, presentou cunha declaración cara o público –o grupo sempre trata de incluir aos seus espectadores e introducilos nun espectáculo que conte coa participación de todos, non só dos propios cantantes, seguindo a filosofía de que “os protagonistas” son os asistentes á festa--: “eu non sei se hai algunha muller mala por aquí, pero se a hai, que sepa que me encanta; esta canción vai para vostede, meu amor”.

Nesta mesma dinámica de participación do público introduciu Arodi Llanos --ex integrante de El Combo Dominicano (2015) e líder desta formación-- a canción ‘Échame la culpa’, de Luis Fonsi e Demi Lobato, interpretada na súa maior parte por Aitor Ojeda --ex compoñente de Armonía Show (2017)--: “un tema que seguro todos coñecedes, pero tendes que axudarme a cantar xunto a Aitor; ¡chegou Nueva Fuerza, mami, check it out!”.

Retornaron logo os temas con ritmo propio e característico da formación –bastante similar aos de El Combo Dominicano, cuxo director, Cirano Núñez, é tamén o xefe deste grupo canario--, cunha canción de creación propia titulada ‘Afincao’, que xa incorporaran na anterior xira 2017, ‘Con más flow’, e que tamén incita á participación da xente. Neste tema, cunha coreografía moi traballada e coordinada por parte dos catro membros da formación, lucen as súas dotes de baile e demostran unha vez máis que un espectáculo inclúe tamén a estética visual e os movementos dos propios artistas.

MERENGUES E BACHATAS

Outros temas fixeron as delicias dos bailadores, como ‘Una cerveza’, do grupo Ráfaga, interpretada por Arodi Llanos; ‘Cielito lindo’, de Ana Gabriel, coas voces de todos os cantantes a coro; ‘El baño’, de Enrique Iglesias e Bad Bunny, a cargo de Alberto Novelle como voz principal e cunha parte de ritmo máis urbano cantada por David Afonso Hernández.

Seguidamente, sucedeuse unha sesión de merengues de Elvis Crespo: ‘Tu sonrisa’, interpretada por David Afonso Hernández; ‘Suavemente’, por Arodi Llanos; ou ‘Píntame’, por Alberto Novelle. Nesta mesma dinámica se atopa ‘Bailar’, cantada tamén por Arodi. Asimesmo, hai que resaltar que o máis bonito da noite foi a interpretación do tema propio desta formación canaria e recén lanzado en marzo deste ano, a bachata ‘Como yo no hay’, cuxo videoclip --onde os integrantes de Nueva Fuerza convírtense en actores da historia que narra a canción-- se proxectou na pantalla traseira do escenario.

Así se viviu unha festa onde o grupo canario xogaba na súa propia casa, como quen dí, e na que os catro membros do grupo, xunto aos músicos, se amosaron moi cómodos sobre o escenario e moi en contacto co seu público, ao que non descoidaron en ningún momento. Entre eses espectadores había coñecidos da formación e persoas que xa os seguirán noutras festas, así como amigos do grupo.

Actuación de Nueva Fuerza na parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Actuación de Nueva Fuerza na parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Actuación de Nueva Fuerza na parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Actuación de Nueva Fuerza na parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Actuación de Nueva Fuerza na parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Actuación de Nueva Fuerza na parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Grupo Nueva Fuerza en Ortoño (Ames).
Grupo Nueva Fuerza en Ortoño (Ames).
Alberto Novelle, integrante de Nueva Fuerza, en Ortoño (Ames).
Alberto Novelle, integrante de Nueva Fuerza, en Ortoño (Ames).
Actuación de Nueva Fuerza en la parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Actuación de Nueva Fuerza en la parroquia coruñesa de Ortoño (Ames).
Arodi Llanos, integrante de Nueva Fuerza, en Ortoño (Ames).
Arodi Llanos, integrante de Nueva Fuerza, en Ortoño (Ames).
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta