Wladi Paz, unha nova historia musical en solitario que se adentra no xénero bachata

Tras pasar por máis de seis orquestras de renome en Canarias e Galicia, entre as que destacan nomes como El Combo Dominicano e Tamarindos, o cantante e compositor venezolano decide comenzar unha nova etapa musical para "traballar a miña propia carreira".

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 27/06/2018 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

O cantante e compositor Wladimir Paz (Caracas, Venezuela), máis coñecido polos seus seguidores como ‘Wladi’, acumula unha grande traxectoria no mundo da orquestra en Galicia, tras o seu paso por formacións como Armonía Show (até 2010), Gran Canaria (2010), El Combo Dominicano (2013), La Fórmula (entre 2013 e 2014), Costa Oeste (2014) e Tamarindos (entre 2015 e 2018), pese a que puntualiza que nunca lle gusta nomear as agrupacións das que formou parte, xa que non quere valerse do seu prestixio para destacar, senón que prefire facelo en por el mesmo, sen necesidade doutro respaldo que non sexa o seu talento. Con todo agora abandona ao menos de momento o mundo da verbena para centrarse nunha nova andadura en solitario, á que xa denomina como a súa Nueva Historia.

Cartel promocional de Wladimir Paz como artista en solitario.
Cartel promocional de Wladimir Paz como artista en solitario.

A andaina de Wladimir Paz nesta nova andadura musical comeza tras xa ter formado parte de moitas agrupacións, tal e como el mesmo apunta, debido a que “tras tanta experiencia a través de tantos anos, xa sentía a necesidade de traballar a miña propia carreira”, así como de “poñer en práctica todo o aprendido e máis”. “Síntome preparado”, asegura o artista venezolano.

Para el, esta ‘Nueva Historia’ supón no plano persoal una mestura de “ilusión, seriedade e constancia”; e, de cara ao público, un tratamento dende “o respeto, a humildade e a entrega”.

Respecto ao xénero musical que incorporará aos novos temas do repertorio, apunta que “haberá moitas novidades e sorpresas, claro que sí”. Sen embargo, tamén afirma que “agora estamos centramos primordialmente no xénero da bachata”. E califica a súa voz dunha forma un tanto peculiar e, ao mesmo tempo, atractiva, que deixa ao espectador pensando: “capaz”. Con todo, “a verdade é que me gustaría deixar esa función –a de definir o seu ton musical—ao público”, sinala.

Por outra banda, sobre unha das cuestións máis demandadas polos seus fans, para saber se durante este verán poderán seguir desfrutando das súas actuacións nas verbenas dos diferentes pobos de Galicia, aínda que xa non sexa como integrante dunha orquestra, senón como artista en solitario, Wladi asegura que “sempre estou disposto a presentarme onde me requiran e me reclamen as persoas e o meu público”.

Sobre outro dos asuntos que máis curiosidade espertou entre os amantes do mundo da verbena galega, a súa marcha da orquestra Tamarindos tras tres anos como compoñente da mesma, o cantante venezolano apunta que “sempre parto a base de que un bo artista ou músico é aquel que logra reinventarse constantemente”, polo tanto, “para poder intentar ser o mellor, non se pode permanecer demasiado tempo nun mesmo lugar”, na súa opinión, pois “a vida son ciclos, uns comezan e outros rematan”.

Neste senso, sobre o seu posible regreso nun futuro ao mundo da verbena, Wladi sinala que “para poder retornar primeiro ten que terse marchado”. Ademais, sobre esta cuestión, puntualiza que “nunca me gustou utilizar a palabra verbena” –xa que “me soa como un calificativo que te encaixa”--; sen embargo, “todo o que ela e as orquestras encerran para min é música”, e, amósase contundente: “onde haxa música, sempre estarei”.

FACETA COMO COMPOSITOR

Wladi non só destaca como cantante, senón tamén na súa faceta como compositor de renome, tanto é así que cando se lle pregunta por cantos temas ten composto ao longo da súa carreria suspira e exala un “bufff!” que xa fai supoñer a grande cantidade deles que deben ser. Con todo, matiza que “tiven a sorte de compoñer e grabar moitos temas –incluso para outros artistas—“, e comenta que “algún foron coñecidos e outros non tanto”, mais o importante é que “aí están e aí quedarán plasmados”.

Sen embargo, por nomear algún, indica que “quizais os que poderían resultar máis familiares, por ser os máis recentes” son: ‘No fue suficiente’, ‘Esta noche está buena (za, za, za)’, ‘Me duele tanto’, ‘Quiero decirte’, ‘Baila conmigo’ ou ‘Sigo aquí’.

Polo que respecta ás súas influencias, tanto como cantante coma como compositor, é dicir, como artista en xeral, Wladi destaca que “teño demasiadas influencias musicais”, xa que “grazas á miña familia, crecín escoitando todo tipo de música”, o que “me serviu infinitamente”, mais “non podo negar que o sangue sempre tira” e “onde haxa gozadera e latineo poden buscarme”, bromea.

XURADO NO TALENT SHOW ‘LA VOZ’ DE TELECINCO

Recentemente foi membro do xurado do concurso talent show ‘La Voz’ de Telecinco en Galicia. Wladi conta que esta experiencia puido vivila grazas a “un amigo tamén do medio que, sin eu sabelo comentoulle sobre min á producción” e “eles interesáronse e puxéronse en contacto comigo”.

Así foi como, “afortunadamente, coincidimos na maioría do que eles precisaban” e “puiden vivir esa experiencia tan bonita e única”. Neste sento, amósase “moi agradecido” con ese amigo “por confiar en min”, así como “coa producción do programa e do concurso”.

CONTINUACIÓN EN REDES SOCIAIS

Para que o seu público poida seguir todos os pasos desta súa ‘Nueva Historia’, continúa moi activo na súa conta de Instagram --@wladipaz--, e creou tamén unha páxina de Facebook centrada exclusivamente neste novo proxecto, de tal xeito que anunciou que o seu perfil persoal de Facebook “pasa a un segundo plano, porque estamos centrados de cheo na páxina”.

Asimesmo, afirma que “todas as miñas redes sociais están súper activas”, polo que invita a todas as persoas a que lle sigan nelas para que así poida establecerse una comunicación “constante e directa”. Así, sobre o seu público, resalta que “para mí sono todo, sen eles ningún artista podería facer nada”. Por iso, Wladi asegura que “sempre intento respetalos, atendelos e ofrecerlles cousas de calidade aceptable”, sendo consciente de que “ao final eles son os que deciden se gustas ou non”.

ESTREO DO SEU NOVO TEMA, ‘TE VA A DOLER’

Finalmente, sobre o estreo do seu novo tema, ‘Te va a doler’, Wladi apunta que “xa falta nada para que vexa a luz” e amósase “moi , pero que moi ansioso”. Sobre esto, asegura que “só estou á espera de que as persoas coas que estou traballando den a luz verde”. Por iso, “trátase dunha cuestión de días”.

Sobre a experiencia da rodaxe do videoclip, o artista venezolano conta que “foi fantástica”, e “fíxose na súa totalidade en varias localidades incríbles de Gran Canaria, cun equipo sen igual”, ao que agradece enormemente e “de todo corazón” a súa implicación, porque está seguro de que “sen eles non sería posible”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Maria del Carmen

A mi hija le encanta esta música y mientras la canta con sus amigas se graban usando una aplicación que se llama mobizen creo recordar y la verdad que luego me lo enseñan y me parto de risa. La app es esta de aquí por si alguien quiere usarla: https://descargarmobizen.com por lo visto es gratuita así que mejor :)