Seguen as protestas pola "discriminación laboral" das traballadoras da limpeza da Xunta

Esixen que todas as mulleres cunha antigüidade mínima de tres anos pasen á categoría de peón/a especialista de xeito automático.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/06/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

As traballadoras da limpeza da Xunta concentraranse este xoves ás 11.00 horas ante o edificio da Administración galega en Saen Caetano (Compostela) para denunciar por terceira vez a discriminación de xénero que sofren no aspecto económico e social.

Protesta traballadoras da limpeza da Xunta
Protesta traballadoras da limpeza da Xunta | Fonte: CIG.

A xestión deste servizo atópase privatizada a través dunha subcontratación que xestiona na actualidade a empresa Grupo Norte. Segundo o sindicato da CUT, Os encontros coa compañía ata o de agora non ofreceron avance ningún e as traballadoras da limpeza da Xunta atópanse nunha situación de "discriminación". "Ningunha muller ten a categoría de peón especialista -cunha maior retribución salarial- pese representar o 90 por cento do persoal. Por se isto fora pouco, a carga laboral en moitos dos postos que desempeñan as traballadoras é extrema, xa que non se están a cubrir as ausencias por baixa laboral, vacacións ou asuntos propios", denuncian dende a CUT.

Deste xeito, as traballadoras esixen que todas as mulleres cunha antigüidade mínima de tres anos pasen á categoría de peón/a especialista de xeito automático. Avisan á Xunta de que non pararán ata acadar este obxetivo que "non só será unha conquista para elas senón tamén para moitas compañeiras que se atopan nesta situación", aseguran. "A discriminación salarial contra as mulleres maquíllase a miúdo con categorías e pluses que dan vantaxes aos homes, pero as compañeiras da limpeza da Xunta din basta e están dispostas a loitar o que faga falta", di o sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta