Temas: TREN AVARíA

Unha avaría nun tren en Pontecesures obriga a trasladar por estrada aos seus 110 pasaxeiros

Polo momento, a incidencia non afectou a máis trens.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2018 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Unha avaría rexistrada nun tren que cubría a ruta entre Vigo e A Coruña, á altura de Pontecesures, obrigou a trasladar por estrada aos seus 110 pasaxeiros, entre os que se atopa o deputado de En Marea Marcos Cal.

Segundo informaron fontes de Renfe, o tren saíu da estación de Vigo-Guixar ás 9,45 horas e, ao seu paso por Pontecesures, sufriu unha avaría que detivo a súa marcha. O convoi debía chegar á Coruña ás 11.58 horas.

Como consecuencia do fallo técnico, Renfe está a desprazar aos 110 pasaxeiros que viaxaban no tren por estrada. Polo momento, a incidencia non afectou a máis trens.

Temas: TREN AVARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta