O Valedor defende que a contratación da irmá de Puy Fraga anulada polo TSXG foi legal

Acata a decisión de repetir o procedemento e lembra que a sentenza non é firme, aínda que non aclara se a recorrerá. "Asegura que actuou co "máximo respecto ás condicións legais do procedemento".

Por E.P. | Santiago | 30/06/2018 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

O Valedor do Pobo emitiu un comunicado no que defende que a actuación da institución durante o proceso de cobertura dunha praza adxudicada a María Puy Fraga, irmá de Pedro Puy Fraga, anulado polo TSXG contou con "o máximo respecto ás condicións legais do procedemento".

A Valedora do Pobo e o Vicepresidente da Xunta
A Valedora do Pobo e o Vicepresidente da Xunta | Fonte: EP

A institución que dirixe Milagros Otero saíu ao paso da sentenza na que a Sala do Contencioso Administrativo do TXSG estimou, tal e como adiantou GC, o recurso dun dos participantes no proceso de selección, a diario de libre designación, do posto de xefe de servizo de Administración e Persoal, que recaeu en Puy Fraga, persona relacionada con Otero.

O tribunal considera probado que a valedora influíu no proceso para que o posto recaese en María Puy, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, e filla do catedrático de Dereito do que é discípula Otero, quen, segundo o TSXG, actuou con "arbitrariedade" e cometeu un "desvío de poder".

Deste xeito, o nomeamento de M.P.F. foi anulado e agora, o Valedor do Pobo está obrigado a repetir o proceso, no que os méritos do resto de persoas que optaban ao cargo non foron tidos en consideración porque o procedemento estaba enfocado a que acabase coa selección da implicada.

"A actuación da institución do Valedor do Pobo foi en todo caso dirixida cara ao máximo respecto ás condicións legais do procedemento", indica o Valedor no seu comunicado, difundido este sábado, un día despois de coñecerse a resolución do xulgado.

Así mesmo, indica que acata a resolución do xulgado e que, por tanto, o proceso de selección se retrotraerá para "realizar novamente determinados trámites nos aspectos que sinala". "Iso será acatado en todos os seus termos, como non podía ser doutra forma, co máximo respecto ás decisións do Poder Xudicial", engaden.

Ademais, lembra que a sentenza non é firme e que, por tanto, é recurrible. Con todo, no seu comunicado o Valedor do Pobo non aclara se presentará un recurso. A resolución do xulgado xerou polémica e tanto En Marea como o PSdeG xa reclamaron a renuncia de Milagros Otero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Un morro que o pisa.

1 Cifuentes & Paula Quinteiro

Resiste Milagros, estamos contigo!