Feijóo cre que a valedora "debe dar explicacións" no Parlamento

Unha sentenza considera de Milagros Otero cometeu "abuso de poder" e "arbitrariedade" por enchufar á irmá de Pedro Puy.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que a valedora do Pobo, Milagros Otero, "debe dar explicacións" en sede parlamentaria despois da sentenza que anula un nomeamento para o que intercedeu. Así o declarou Núñez Feijóo, tras a reunión cun dos candidatos a liderar o PP, José Ramón García-Hernández.

Rueda de prensa de Feijóo após o Consello da Xunta. XUNTA
Rueda de prensa de Feijóo após o Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: XOÁN CRESPO

Tal e como adiantou GC, a sentenza da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG anula o nomeamento da xefa de servizo de persoal pola que intercedeu a valedora, á que o tribunal atribúe un "desvío de poder" e unha actuación con "arbitrariedade" en favor da persoa seleccionada para o posto, coa que garda relación.

O líder dos populares galegos e titular do Goberno autonómico lembrou que "a institución da valedora do Pobo é unha institución que decide o Parlamento, non ten nada que ver coa Xunta de Galicia, co Executivo". "Non é un nomeamento da Xunta, é un nomeamento parlamentario", explicou.

FOI SUBDIRECTORA XERAL

Por iso, e nun contexto no que "a valedora está a dar unha serie de explicacións", opinou que "probablemente sería convinte que dea explicacións en sede parlamentaria, porque a esa sede se debe". Así, entende que "se aclararán as cuestións referidas". Con todo, precisou tamén que "non se está falando dunha contratación dunha persona da rúa" senón que do que se fala é de "un concurso entre funcionarios públicos".

E engadiu Núñez Feijóo que "a persona que inicialmente foi seleccionada foi subdirectora xeral con distintos gobernos, dimitiu como subdirectora xeral e despois presentouse a unha praza de menos rango, de xefa de servizo dentro do Valedor do Pobo".

POSIBILIDADE DE RECURSO

En calquera caso, sinalou que "ese concurso a xuízo desa sentenza ten algún vicio", polo que "hai que deixalo sen efecto" e á valedora "correspóndelle, en primeiro lugar, tomar a decisión, se procede, de recorrer esa sentenza". En segundo termo, desde o punto de vista do presidente galego, Milagros Otero "debería dar explicacións en sede parlamentaria, porque foi o Parlamento o que a elixiu".

Unha vez no Pazo do Hórreo, e con base nas explicacións que achegue Otero, "cada grupo parlamentario deberá tomar postura e decidir", segundo Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta