Xunta e Goberno central analizarán antes de final de xullo o futuro do Pazo de Meirás

O ministro e o conselleiro de Cultura mantiveron este luns un almorzo no que abordaron a cuestión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2018 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

Os responsables de Cultura da Xunta de Galicia e do Goberno Central reuniranse previsiblemente antes de que finalice o mes de xullo para "entrar en materia" en relación á posible recuperación para o ámbito público do Pazo de Meirás.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás

Así o dixo, en declaracións aos medios, o ministro de Cultura, José Guirao, que participou en Santiago de Compostela no acto de inauguración das obras de restauración do Pórtico da Gloria. En concreto, Guirao desvelou que, antes do acto na Catedral de Santiago, mantivo un almorzo previo co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, no que "se falou deste tema".

Neste encontro, a responsable da área cultural da Xunta faloulle sobre o informe elaborado pola comisión de expertos a instancias da Consellería, e que propón unha demanda civil --que debería executar o Estado-- baseada no uso institucional do inmoble para a súa recuperación.

Para "entrar en materia" e tratar con máis profundidade este tema, José Guirao dixo que ambas as administracións teñen previsto volver reunirse "seguramente antes de final de xullo". En calquera caso, e aínda que recoñeceu que se trata dunha cuestión que descoñece en detalle, o ministro subliñou que o conselleiro trasladoulle que se trata "dun tema longo e lento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta