O líder do PSdeG insta a Feijóo a "tomar medidas" e "ser exemplo" após o caso de 'enchufismo' da valedora do Pobo

Gonzalo Caballero anuncia que o seu partido puxo en marcha accións para que a valedora renda contas no Parlamento galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2018 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a "tomar medidas para ser exemplo de capacidade, de dignidade, de honradez e de total limpeza en calquera proceso de ámbito público", após a sentenza que anula un nomeamento feito pola valedora do Pobo, Milagros Otero.

A valedora do pobo presenta o informe de actividade de 2017. Europa Press - Archivo
A valedora do pobo presenta o informe de actividade de 2017. Europa Press - Archivo

Caballero criticou que a sentenza "pon en dúbida a eficacia, a xustiza e a igualdade de oportunidades", en declaracións este luns en Ourense despois de percorrer as rúas céntricas da cidade das Burgas acompañado por militantes socialistas da urbe.

"Desde o grupo parlamentario socialista estamos a activar hoxe mesmo todas as actividades de acción e todas as medidas para que a valedora do Pobo renda contas no Parlamento galego e para que asuma responsabilidades políticas por unha sentenza de enorme gravidade", engadiu.

Así mesmo, o líder dos socialistas de Galicia urxiu ao presidente da Xunta a que se poña "en atención aos problemas dos galegos e das galegas", xa que "leva varias semanas centrado noutros ámbitos de decisións propias do Partido Popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta