Espectaculares coreografías e un rap adicado ao Galicia Confidencial en Catoira

A parroquia de Dimo bailou ao ritmo da música da orquestra New York que acolleu aos seus músicos entre regaliños e coreos, nunha noite que vibrou ao son de cancións de actualidade e djs. Os cantantes improvisaron un rap adicado a este medio.

Por Ángela Precedo | Dimo, Catoira, Pontevedra | 03/07/2018 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

A parroquia pontevedresa de Dimo, en Catoira, acolleu este sábado 30 de xuño unha das festas máis tradicionais da xornada estival: as celebracións na honra a San Pedro, ao Santísimo, a San Antonio e a San Roque; que todos os anos reúnen a grandes orquestras, xunto a todo un despregue de atraccións e colchonetas para os máis pequenos, unha grande cantina e incluso a compaña de disco móvil --Chocolate--. Ademais, este ano deuse a particularidade de que unha das formacións contratadas, a orquestra New York, ía ser unha forte aposta por espectáculo e entretemento para todos os gustos, sendo conscientes de que a maior parte do público era de mediana idade --familias completas--, aínda que na dianteira do escenario a medida que ía transcurrindo a noite se xuntaba máis xuventude.

Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).

Polo que respecta aos integrantes da propia New York, a noite non puido comezar mellor para algúns deles. Dj. Federato estaba moi contento pola victoria de Uruguay --o seu país de orixe-- nos oitavos do Mundial de Fútbol de Rusia 2018 e, durante toda a actuación, portou orgulloso unha bufanda coa bandeira desa selección. Neste mesma liña, seguindo co fútbol, entre o público asistente á verbena estaba Sergio Álvarez Conde, porteiro do Celta de Vigo, con quen Isabel Asensio sacou unha foto toda ilusionada. E a cantante tamén recibiu regaliños –ao igual que Alejandra Pais, a outra voz feminina-- polo seu recente cumpreanos; en concreto un que lle fixo moita ilusión: a camiseta do xogador do Real Madrid Marco Asensio, do que é unha gran fan.

Na festa, Fede tamén fixo partícipe ao público, grabando tamén os seus pasos e coreografías, así como os propios gritos aplaudindo e alabando o traballo de todos os integrantes, co seu teléfono móvil, para subilo en directo á plataforma oficial de Instagram. Asi mesmo, lanzou un saúdo en agradecemento ao medio dixital Galicia Confidencial, polo apoio e a difusión recibido pola súa parte. Noutra banda, Santi Pulido e Diego Barbazán despuntaron e fixeron que o verán ardese aínda máis ao quitarse a camiseta durante as cancións de rock.

E é que na orquestra New York, o público non só se entretén bailando, senón tamén vendo as peripecias dos cantantes, que en cada festa fan algo novo e diferente. Ademais, non hai que esquecerse da súa forma de concibir as coreografías, xa que os cantantes sinten aquelo que están interpretando, interiorizan as cancións até tal punto que se convirten en actores nun teatro, ofrecendo un espectáculo completo, polo que é normal que esa sensación se transmita ao público.

SEGUNDO PASE DA NEW YORK

Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).

O segundo pase da orquestra New York comezou con todas as súas voces, un total de nove integrantes, na dianteira do escenario, mentres se levantaba o telón. Isto é algo que xa de primeiras resulta impactante para o público, ten moitas persoas nas que pousar a súa mirada, todas igual de importantes. E, unha vez o telón está arriba de todo, comeza a música a ritmo de dj, como se dun auténtico festival se tratase, co coreo de “lo, lolo, lolololo!, lo, lolo, lolololo!”.

Ao tempo, todos os espectadores saltaban xunto aos cantantes da orquestra. Así, durante este tema, cada unha desas nove persoas que forman parte de New York van saíndo á parte central e van sendo presentados cómicamente por unha voz en off, ao mesmo tempo que eles realizan tamén bailes que fan rir, non coreografiados.

Tras as presentacións, a música de actualidade comeza a ritmo de ‘Machika’, de J. Balvin, cantada por Dj. Federato, na compaña das voces femininas de Alejandra Pais e Isabel Asensio, no papel da brasileña Anitta. Así, cada compoñente vai cantando un anaco da canción de tal xeito que todos adquiren participación e se ven atendidos polos seus públicos e seguidores, que poden estar pendientes das súas preferencias nun mesmo momento.

Seguidamente, comezan as cancións individuais da man do canario Santi Pulido, que interpreta o tema de Nicky Jam ‘X’, con todos os seus compañeiros de fondo realizando coreografías 100% propias e moi ben coordinados entre sí, o que supón unha delicia para a vista. Deste xeito, ademais de ser cantantes, convírtense tamén en bailaríns, mostrando a súa parte máis polifacética. Nesta canción, Santi, pola súa banda, móvese máis no coro, á vez que canta, cun movemento natural que deixa a todo o público abraiado pola súa flexibilidade, capaz de facer que algo tan complicado pareza sinxelo. Todo un espectáculo de movemento que non sabes se che dan ganas de bailar ou de pasmar para non perderte detalle dos seus xestos.

Por outra banda, nesta segunda parte tamén chega a interpretación do tema ‘Mi gente’, de J. Balvin, da man de Dj Federato, cun arreglo propio deste cantante e compositor uruguaio, cuxo videoclip pode visualizarse na súa plataforma de YouTube. Nesta canción, improvisa unha longa parte de reggaetón rapeado de colleita propia, con esa naturalidade que el ten para inventarse as letras das cancións nun intre. Mentres, todos os demais integrantes saltan coma nunha sesión de dj nun festival cada vez que Fede repite: “que levante la mano mi gente”. Logo segue, nesta mesma temática de festival, o canario Santi Pulido, co tema ‘Me rehúso’, de Danny Ocean.

Así continúa a noite, na voz da galega Alejandra Pais, coa canción ‘Issues’, de Julia Michaels, coa súa melódica e á vez potente voz que fai que pese aos difíciles acordes que compoñen este tema, pareza sinxelo de intepretar, aínda tendo en conta a súa complexidade vocal. Neste caso, o bonito do espectáculo da New York tamén reside en ver a todos os bailaríns nos laterais do escenario, coa coreografía deseñada en exclusiva para a interpretación deste tema.

Nun momento desta sesión dj sacan aos músicos á parte dianteira do escenario –o que inclúe ao saxofonista Edel Pérez (dende 2015), ao trompetista Germán Eduardo Acevedo Cortés (dende 2018), ao outro trompetista Jesús Cruz Rodríguez  ‘Chuchi’ (dende 2016) e ao trombonista Alejandro Consuegra ‘El Flaco’ (dende 2015)--, que son os que fan que a formación poida interpretar todas as súas cancións, de maneira que, con este xeito, lle dan o recoñecemento que merecen tamén e que en poucas orquestras é visible.

VACACIÓNS NOS NEWYORES

Tras este particular festival que a New York montou así improvisamente nas festas de Dimo, para partir a festa, chegou a interpretación do tema propio desta orquestra de recente formación –nada no ano 2015--, ‘Vacaciones en los Newyores’, no que cantan todos os integrantes para representar o sentimento de pertenza a un grupo, a unha orquestra, a unha comunidade de seguidores que cada ano que pasa é máis grande e que os levou a posicionarse como a quinta orquestra máis demandada polo público galego nas verbenas estivais. Ademais, cabe sinalar que o vídeo deste tema propio, coa actuación feita pola orquestra no programa da TVG 'Aquí Galicia', pode verse na plataforma musical de YouTube.

Xa entrada nesta dinámica de baile, a festa continúa a ritmo da canción ‘Que va’, de Dj. Alex Sensation e Ozuna, interpretada por Ricardo Blanco e Santi Pulido –nas súas partes rapeadas--, así como pola voz de Alfred Asensio en certos anacos de tonalidade cambiante. Este tema é unha canción de actualidade que, pese a pegarse moito nas discotecas, é moi pouco interpretada nas orquestras, o que constitúe unha diferenza por parte da New York con respecto ás demais. Vese continuada de ‘Robarte un beso’, de Sebastián Yatra e Carlos Vives, na voz de Santi Pulido e Alfred Asensio, respectivamente, que se abaixan a cantarlla ao público de preto nas partes máis lentas e sentidas.

Tamén outra diferencia chega da man do tema ‘We don’t talk any more’, de Charlie Puth, traducida case por completo ao español. Deste xeito, substitúense frases como “should’ve known your love was a game, now I can’t you out of my brain, oh it’s such a shame” por “onde ti estarás, con quen te bicarás, como o facía eu”, na voz de Alejandra Pais e Isabel Asensio. Ambas cantantes comparten o mérito de interpretar unha canción que orixinalmente está en inglés e facer que os tons coincidan coa traducción ao castelán.

MOMENTO DO REGGAETÓN “DURO”

Dentro da orquestra New York, hai moitas cancións que marcan a diferencia con respecto ás outras formacións, que non as soen incorporar no seu reportorio, xa sexa pola complexidade de voces que requieren ou ben porque consideran que son unha aposta arriesgada. Sen embargo, esta orquestra consegue que estos temas que, ‘a priori’, parecen imposibles de introducir nunha verbena, sexan 100% bailables e un gusto para os asistentes, por poder sair da rutina na que ás veces se convirten os repertorios das festas en Galicia.

Neste senso, hai que sinalar cancións de reggaetón antigo como ‘Te de campana’, de Atomic Otro Way, na voz de Santi Pulido, con arreglos do propio Fede nas partes de reggaetón rapeado, algo que fai que o tema sexa, en parte, propio da orquestra. O mellor nesta canción é o movemento de cintura de todos os membros da formación, principalmente de Santi, no frente, e tamén nos momentos en que se xunta con Fede de espaldas ao público para que se aprecie mellor o xiro de cadeira digno do xénero ‘twerk’, a ritmo de “échame agua que tú me tienes malo, que tú me tienes malo”.

Retornando á actualidade, posiciónanse no repertorio cancións como ‘Chambea’, de Bad Bunny, interpretada pola voz profunda da orquestra a ritmo de rap de Dj Federato. Séguelle ‘Atrévete, te, te’, de Calle 13, na voz combinada de Fede e Santi Pulido. Tamén se incorpora o tema de recente creación ‘Dame tu cosita’, de El Chombo, na voz de Santi, cuns cambios de entoación brutais; e ‘Scooby Doo pa pa’, de Dj. Kass e Pitbull, na voz de Fede. Todas elas cancións sen descanso, todas continuadas, sen tempo para descansar, nun espectáculo completo de luces, sons e coreografías, diseñado para tornar ao público tolo e non deixar indiferente a ninguén.

De novo, máis temas como ‘Downtown’, de Anitta e J. Balvin, na voz do guitarrista Diego Barbazán, ao cal Isabel Asensio lle levanta a camiseta a ritmo da frase “no seu corpo podo ver a definición”, e pedindo un grito das mulleres da festa, facendo a parte da canción correspondente a Anitta. Ambos cantantes se complementan ao dediño nun baile que se torna en puro espectáculo que, inevitablemente, eleva a temperatura da festa. Nesta mesma liña vai a canción ‘Criminal’, de Natti Natasha e Ozuna, na voz de Alejandra Pais e Ricardo Blanco.

Como novidade, a New York tamén incorporou ao seu repertorio a canción de ‘El Anillo’, de Jennifer López, interpretada por Alejandra Pais e Isabel Asensio, que se axeonlla no escenario, literalmente, para arrimar o micro a un público entregado cantando. De novo, destacar unha coreografía moi traballada e cantada con forza.

BAIXADA DE RITMO E VOLTA DE AVICCI

Tras tanto movemento, prodúcese unha baixada de ritmo, unha especie de descanso para o público, coa interpretación da canción ‘Un beso y una flor’, de Nino Bravo, na voz de Ricardo Blanco. Toda a festa xa estaba entregada elevando as mans e movéndose de lado a lado. Outra cousa igual non, pero está claro que a New York sabe cómo ir subindo a intensidade e cómo conseguir que a xente se entregue incluso nunha canción tan lenta despois de tanto subidón.

Aproveitando este momento máis relaxado, os compoñentes da orquestra quixeron agradecer a labor da xente da mesa de sonido, en especial do técnico Juanma, ao que Ricardo definiu como "alma mater da orquestra, sen o cal nada sería posible", por estar de cumpleanos ese venres. Deste xeito, entre todos, orquestra e público, cantáronlle o cumpleanos feliz, mentres o homenaxeado era grabado polo móvil de Federato.

Logo disto xa retorna o estilo de djs, festival e discoteca, a ritmo da música de Avicci, nunha homenaxe tras o seu falecemento. Na pantalla do centro do escenario aparecía o logo de Federato. As cancións do dj sueco sucédense: ‘Levels’, na pontente voz de Alejandra Paisque proporcionou un subidón sen requerilo, sen pedirllo ao público, porque para ela non fan falta palabras, exprésase soamente coa música, sen necesidade de máis; ou ‘Hey brother’, na voz de Diego Barbazán, con todo o conxunto de cantantes bailando tras de sí e Isabel Asensio marcando o ritmo do movemento lateral do propio cantante, algo moi estético visualmente.

“PERREO INTENSO” E ALGO DE ROCK

Con todo, para rematar a festa por todo o alto, non puideron faltar as interpretacións dos clásicos do 'perreo', como foi Mayor que yo 3’, de Daddy Yankee, na voz de Santi Pulido e Alfred Asensio, cun baile de Santi que abría bocas e das dúas mulleres da orquestra, cunha forte intensidade e o propio cantante abaixado de xeonllos para darlle maior dramatismo ao movemento, cunha parte rapeada de Fede.

Nesta liña seguiron os temas ‘Pobre diabla’, de Don Omar, interpretado por Alejandro Consuegra; ‘Noche de travesuras’, de Héctor el Father, na voz de Santi e Fede, cunha parte escenográfica máis teatralizada, que simulaba estar bailando nunha discoteca ou vendo o videoclip da propia canción; ‘Felina’, de Héctor e Tito, na voz das dúas mulleres, Alejandra Pais e Isabel Asensio, movéndose con gran flexibilidade e interpretando ser unhas gatas que rabuñan coas uñas aos seus compañeiros; ‘Tu gatita’, de JMP, tamén adicada ás mulleres; ou ‘Ella y yo’, interpretada por Ricardo Banco e Alfred Asensio, que simulan disputar polo amor de Alejandra, ao igual que Don Omar e Romeo Santos o facían no videoclip orixinal da canción, nunha maravillosa recreación.

Tras isto, un breve retorno á actualidade, da man da canción ‘Sin pijama’, de Natti Nattasha xunto a Becky G., interpretada dentro da New York por Alejandra Pais e Isabel Asensio, que tamén continúan cunha lambada, ‘Llorando se fue’, na versión de Don Omar.

Finalmente, como sucede en todas as festas galegas, a orquestra puxo o remate a ritmo de rock. A cargo dos guitarristas Diego Barbazán e Nando Acevedo, con cancións de Fito e Fitipaldis --como 'La casa por el tejado'--, de Maná e de El Canto del Loco --como ‘La madre de José’--, todas elas cantadas á vez que tocaban a guitarra, nunha actuación moi completa, cunha perfecta integración de voz e instrumento.

Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Escenario da orquestra New York, en Dimo (Catoira).
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta