A retirada de amianto pola explosión de Tui xa suma 24 toneladas recollidas

Ademais de retirar uralita e outros materiais contaminantes, tamén se están descargando os entullos de cubertas derruídas sobre forxados, e estanse demolendo as estruturas con risco de desplome.

Por E.P. | VIGO | 03/07/2018 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Os traballos de retirada do amianto e de restos de cubertas destruídas pola explosión de material pirotécnico ocorrida o pasado 23 de maio en Tui (Pontevedra) arrincaron este martes na zona cero, na parroquia de Paramos, aínda que dende hai 12 días están a realizarse estes traballos nos arredores e ata o momento xa se recolleron un total de 24 toneladas de amianto.

Traballos de desamiantado na zona afectada pola explosión pirotécnica. AYUNTAMIENTO DE TUI
Traballos de desamiantado na zona afectada pola explosión pirotécnica. AYUNTAMIENTO DE TUI | Fonte: Europa Press

Segundo informou o goberno tudense, a empresa contratada polo concello para efectuar estas tarefas iniciou o pasado venres, día 22, a retirada de amianto da zona afectada, empezando pola zona máis afastada; e este martes empezou a actuar na zona cero, despois de que a xuíza dese a autorización.

En total, recolléronse 24 toneladas de amianto ata o momento, que xa están ensacados e encapsulados. Ademais de retirar uralita e outros materiais contaminantes, tamén se están descargando os entullos de cubertas derruídas sobre forxados, e estanse demolendo as estruturas con risco de desplome.

Os labores de rebo están entre as principais peticións dos afectados pola explosión. En concreto, piden que se faga "un rebo total", de forma que se entre nas propiedades privadas"; así como que o custo destas tarefas sexa asumido polas administracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 NON OS FOGUETES

ficou a xente abandoada e feita un trapo, sin declaración de zona catastrófica ou de guerra, o cataclismo sísmico alomenos, o que fixeron foi descontrol, capitalismo puro e duro o empresario facia o que lle petaba, e despois pasou o que pasou, tiañan toneladas de trinita tolueno por un lado e polo outro, o final o estourido foi tipo fungo de Hiroshima, xente morta, probes nenos orfos, os vecinos sen casa, uns sustos de película de terror "veneres 13", pero que fixeron... que fixeron... iso si seipan que ainda quedan categorías si fose cousa de etas estarían saindo día si e día tamen e xa tiñan todo arranxado os do gobernó, agora soamente queda o esquecemento... e pasar paxina... non sei que seguro pode facerse cargo da desfeita!!!! creo que en suiza están prohibidos os foguetes por que son perigosos, o mellor seria gastar en empanadas e cervexas ou polvo ou carne o caldeiro e invitar