Descuberto un almacén ilegal de arte sacra con medio centenar de esculturas en Salvaterra

Os axentes interviron numerosas pezas ou elementos etnolóxicos susceptibles de pertencer ao Patrimonio Histórico, apuntou a Benemérita.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 04/07/2018 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Gardia Civil descubriu no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño un almacén ilegal de arte sacra con medio centenar de esculturas do século XV ao XIX. O propietario do almacén foi detido como presunto autor dos delitos contra a fauna, contra o patrimonio histórico e cultural, receptación e contrabando.

Dúas das esculturas do Mestre Mateo que se expoñerán no Museo del Prado
Dúas das esculturas do Mestre Mateo que se expoñerán no Museo del Prado | Fonte: Europa Press.

Segundo avanzou o Instituto Armado, no marco da denominada 'Operación Hiposacro', realizada polo Seprona, incautáronse tamén dunha "importante cantidade de animais naturalizados" que superan os 150 exemplares de especies protexidas. Ademais, os axentes interviron numerosas pezas ou elementos etnolóxicos susceptibles de pertencer ao Patrimonio Histórico, apuntou a Benemérita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta