Próxima parada das brigadas deseucaliptizadoras: Lousame

A iniciativa, impulsada pola asociación Verdegaia, traballará neste mes de xullo sobre o terreo de Froxán para eliminar rebotes de eucalipto nunha zona en que xa plantaran frondosas o ano pasado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/07/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Despois da xornada deseucaliptizadora levada a cabo no castro de Bexo o pasado 16 de xuño, as Brigadas, impulsadas pola asociación Verdegaiaretoman a súa actividade o vindeiro sábado 7 de xullo. Ese día continúan os traballos dedeseucaliptización (e desta volta tamén desacaciación) na Área Conservada polos voluntarios da Comunidade Veciñal de Froxán, en Lousame.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

Desta volta centraranse na eliminación de rebotes de eucalipto nunha zona de bosque de ribeira na que cortaron eucaliptos e plantaron frondosas no verán e outono do ano pasado. Nesta pequena zona coexisten os hábitats naturais prioritarios 5230* e 91E0*, así coma o hábitat 9230, así como covas con importantes colonias de morcegos de ferradura, unha especie incluída no catálogo galego de especies ameazadas. Na mesma zona téñense observado outras especies incluídas no mesmo catálogo, como Dryopteris guanchica, Chioglossa lusitanica, Rana iberica, Schistostega pennata... 

COMO FACERSE BRIGADISTA

Os traballos en Froxán comezarán ás 10 da mañá, mais avisan de que é imprescindible estar no punto de encontro (que será comunicado ás persoas inscritas) ás 9h30 para ir xuntos á zona da intervención. Para participar nesta acción, o procedemento é o mesmo que en todas brigadas: en primeiro lugar, é preciso estar inscrito como Brigadista (mediante o formulario web), e despois ter indicado o compromiso expreso de acudir á convocatoria de 7 de xullo mediante un correo electrónico a brigadas@verdegaia.org. Unha vez rebasada a data límite de inscrición (2 de xullo), contamos con algo máis de 20 persoas anotadas para realizar os traballos previstos.

Na parte da tarde, despois da sobremesa, os voluntarios farán un pequeno roteiro guiado polo monte de Froxán, explicando as intervencións realizadas e proxectadas e procedendo á colocación dalgunhas das pedras das madriñas que participaron na campaña de micromecenado coa que se plantaron máis de 3000 árbores nativas depois de eliminar eucalipto. Desde Verdegaia animan a participar e agradecen "a colaboración de todas as persoas que durante os últimos meses veñen participando nesta iniciativa de coidado dos nosos montes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta