O documental protagonizado por Beiras recada 5.000 euros nas súas primeiras semanas de campaña

Está promovido pola produtora audiovisual OlloVivo, da que forman parte Pepe e Jorge Coira e Gaspar Broullón, codirectores do proxecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2018 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O documental protagonizado polo histórico político nacionalista Xosé Manuel Beiras, e que promove a produtora audiovisual OlloVivo —da que forman parte Pepe e Jorge Coira e Gaspar Broullón, codirectores do proxecto—-, recadou 5.000 euros nas súas primeiras semanas de campaña.

Beiras, na súa casa da Reboraina, nunha entrevista con Europa  Press. Europa Press - Archivo
Beiras, na súa casa da Reboraina, nunha entrevista con Europa Press. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo informou a produtora do documental 'Beiras. Vivir2Veces', esta cifra supón o 50 por cento dos fondos necesarios para a rodaxe, e para o que hai 40 días para recadar os 10.000 euros co fin de custear a longametraxe e un webdoc co político nacionalista.

Os cidadáns interesados, que recibirán distintas recompensas pola achega, poderán seguir achegando até o 4 de agosto para converterse en patrocinadores da cinta, que pretende achegar ao histórico líder dunha maneira "próxima, descoñecida para a maior parte da cidadanía galega", como as súas facetas de economista, profesor universitario, activista, escritor, tradutor e músico.

É a primeira vez que Beiras accede a repasar en profundidade á súa vida pública e privada nun documental, empregando a conversa con distintos personaxes e a visita a diferentes espazos e momentos que foron claves na vida e a historia recente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Salgueiro

Beiras. A historia dun fiasco tras outro dos resultados electorais. E non só polo número de votos, senón que tamén polos votantes. Que tanto votan BNG como PSOE, como PP, e agora, sabendo Beiras o que sabe, son moitos anos, votan PODEMOS e EN MAREA. E o BNG tamén anda desnortado. Non sabe que facer cos potenciais votantes, que tanto están con EN MAREA-PODEMOS como co BNG. E mentras tanto, os que somos "normais" no aspecto político de estar nunha fronte galega, a pesares dos defectos que tenha, estamos tamén desorientados. Bueno. Algo malo faría o BNG para estar onde está. E o malo de EN MAREA xa o sabemos todos os días. Quen se deita con cativos érguese molhado. E outras cousas que non venhen a conto pero que as sabemos todos. Que se foron con PODEMOS...

1 Salgueiro

...cando penso nos "puristas independentistas" sei que se esa imaxe, dalgún xeito, reflicte ao BNG, e non é de extranhar que a xente se alonxe deles. Fanlhe un dano enorme á xente "normal" que se quere achegar ao nacionalismo-galeguismo.

1 DON VIEIRAS A PELI

a película vaise titular HISTORIA DUN NARCISISTA, pero ten poucos cartos non dai nin para facer un.ha porno... por favor ALERTA DE COLABORACIONISMO VIL: depositien o seu obalo na conta corrente do vello -VIEIRAS e o rianxo en sacos diante da porta do feudo... non se reciben salutaciones, nin cortizas de bidueiras, TRAILER DA PELI SAE O VELLO CONTANDO OS EUROS - https://www.youtube.com/watch?v=aNU...

1 eusi

PPerdedores, dades noxo!