Ferreiro e Suárez, coñecedores da postura de Compostela Aberta de cambiar a dirección de En Marea

"Hai moitos meses que dicía que as cousas non estaban a ir ben", asegura o alcalde da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/07/2018 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, e o de Ferrol, Jorge Suárez, eran coñecedores da decisión de Compostela Aberta de renovar a dirección de En Marea, que encabeza Luís Villares.

Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez en Santiago
Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez en Santiago

Unha decisión que Ferreiro cualificou de "discusión benintencionada" para crear unha mesa para a confluencia. "Nestes momentos é unha discusión interna de Compostela Aberta e imos ver como resulta", asegurou Ferreiro ao ser preguntado polos xornalistas sobre o documento que presentará a formación que lidera Martiño Noriega --alcalde de Santiago-- á súa asemblea local este mércores, e ao que tivo acceso Europa Press.

A menos dun ano das eleccións municipais, e despois de que xa se deu a circunstancia de que en Ferrol hai dúas candidaturas de denominada confluencia (Ferrol en Común, que lidera o actual alcalde, Jorge Suárez; e Marea de Ferrol, que son herdeiros de Marea Ártabra), Compostela Aberta propón "relanzar" o proxecto e constituír unha mesa de confluencia.

"Hai moitos meses que dicía que as cousas non estaban a ir ben", sinalou o alcalde da Coruña, para quen, precisamente, a división en Ferrol é unha "proba" da situación pola que atravesa a formación política. "É un asunto de gravidade que haxa membros da coordinadora de En Marea que promovan unha alternativa a Ferrol en Común e ao alcalde Jorge Suárez. Creo que iso non debería pasar", afirma.

"CENTRADOS" NA CORUÑA E FERROL

Con todo, Xulio Ferreiro explicou que nestes momentos, e despois de "falar moito" de En Marea no últimos meses, atópase "centrado" na Coruña. Así, indicou que está inmerso en terminar o mandato municipal en María Pita e "sacar o máximo de compromisos"; á vez que, de cara ás próximas eleccións municipais, ten a vista posta en formular un proxecto "para o próximos catro anos" na cidade herculina.

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro | Fonte: Europa Press

Tamén o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, recoñeceu este martes "ter coñecemento da proposta de Compostela Aberta". O rexedor ferrolán remitiuse ás súas palabras destes últimos días, nas cales insistiu en que Ferrol en Común "é algo máis que unha agrupación de partidos, onde hai moitas persoas inscritas a título individual".

"Somos un grupo municipal formado por cinco homes e mulleres que traballamos pola cidade de Ferrol", afirmou e agregou que aínda ve a cita electoral de 2019 como "afastada", aínda que dá a benvida a todas as persoas "que queiran apoiar a este grupo de goberno". "Temos que centrarnos no día a día porque será o mellor aval para as eleccións", apostou o rexedor, ademais de todos os apoios e o proxecto político que poida presentar Ferrol en Común.

En Ferrol hai dúas candidaturas de suposta confluencia: Ferrol en Común, que lidera o actual alcalde; e Marea de Ferrol, que son herdeiros de Marea Ártabra e que contou con varios apoios dentro do Consello das Mareas de afíns á dirección que ostenta a maioría neste momento.

Precisamente, esta situación xa dividiu aos referentes de En Marea. Así, voces como Yolanda Díaz ou Xosé Manuel Beiras saíron en defensa de Jorge Suárez, mentres que afíns a Villares apoian a Esther Leira, que foi expulsada do goberno local e que é unha das fundadoras de Marea de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 golferia o servizo de expaña

pero ainda pode haber alguen no seu estado mental, que poda votar por istes imprsentabels da falsaria comunecia española, fixeron moito daño, desgobernaron no hierrol, gobernaron para o pp en santiAGE de compoñendas e para o pe$oe no astrolabio portuario de coruños... os resultados os tedes ben a vista PARVOS VOTANTES DA MAREA, se os rien na cara os falsimedias de mareas, podreiros e demais adláteres manexados polo "comunismo" de expañol - despois destes anos xa non se pode creer nada nesta xentiualla, ata pederastia podre tiñan os señoritos mareantes... - paiasos miserentos!!!!

6 sermos mantidos

A cagada monumental dos servos de Podemos xa supera o retrete! Desborda e fede a léguas! Ridículos entreguistas como Ferreiro, Martiño e Antón, co Beiras egoísta e clasista, seguide servindo a Podemos e vendendo aos galegos. Villares debe dar co puño na mesa e erguerse para deixar esta pantomima. Hai xente decente nas Mareas e hai quen vale no BNG (se son capaces de superar a dictadura da secta controladora que segue nos anos setenta), e debemos conformar unha alternativa maioritaria e creíble sen tutelas madrileñas nin de trepas, e lonxe das vellas glorias.

1 sermos colonizados

De momento, e visto o visto, a seita demostrou moitas cousas e que tiñan razón.

5 GallinaTurulata

Biba el berano. Sin Phodemos es mu aburriu.

4 KumunistaDependente&delaFiga

Que raro, aínda non pasaron por aquí ningún dos dous chimpancés que din aquilo de: "Trolls do BNG a ladrar en 3, 2, 1" ou "non superaron o de Amio".

3 José Luis Perales

Parece que o das mareas municipalistas de Ferrol foi un fracaso estrepitoso e agora voltan a carga. Jajajajaja. Non son capaces de xuntarse non 200 persoas en Ferrol e queren chimpar a Villares. Levana clara