Podemos expulsa a Pancho Casal logo de pedir traballar con maior independencia como deputado de En Marea

O deputado autonómico pediu desvincularse do acordo institucional que a dirección de Podemos Galicia propuxo aos deputados, que tamén implica unha achega económica. A formación morada di que a opción de Casal é incompatible con seguir sendo inscrito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2018 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O deputado Pancho Casal pediu desvincularse institucionalmente de Podemos Galicia para, argumentou, traballar con maior independencia como integrante de En Marea na Cámara galega, ao que a dirección da formación morada contestou indicando que era incompatible con seguir sendo inscrito e obrigou a Casal a darse de baixa.

Pancho Casal, deputado de En Marea
Pancho Casal, deputado de En Marea | Fonte: Europa Press

Pancho Casal confirmou este martes que a pasada semana pediu desvincularse do acordo institucional que a dirección de Podemos Galicia propuxo aos deputados que se presentaron ás eleccións autonómicas por En Marea pero que á súa vez son inscritos da formación morada.

Neste sentido, tal e como el mesmo explicou Casal, a dirección que lidera Carmen Santos comunicoulle que non era compatible con seguir sendo inscrito da formación morada e non manter este vínculo concreto con Podemos Galicia, que tamén implica unha achega económica.

"Asinamos unha vinculación institucional como deputados de Podemos e a esa vinculación foi á que eu renunciei. Digamos que foi desa da que prescindín para un desenvolvemento parlamentario máis libre e tentar aportar un gran de area para solucionar a situación na que estamos", explicou Casal, nun momento no que Compostela Aberta debaterá sobre a posibilidade de impulsar a renovación da dirección do partido instrumental, que lidera Luís Villares.

No grupo parlamentario, de 14 membros, están a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos e outros cinco deputados, entre eles Paula Quinteiro, cuestionada polo sector de Luís Villares, que lle pediu que deixase a súa acta de deputada despois de verse envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago en marzo deste ano.

"A dirección de Podemos Galicia dixo que non era compatible seguir sendo inscrito co que pensaba", manifestou, nos corredores do Parlamento, Pancho Casal, quen sostivo que ao seu xuízo a formación morada si que segue sendo "o proxecto para desenvolver un cambio no Estado español".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 O VELLO VIEIRAS... O VELLO!!!!

o grupo en-MAREA recibe o fillo prodigo escapado da tortura do podreiros a instigación do noso grandísimo líder (en activo, quen o dubidaba, quen o dubidaba - o noso aluado e mistico dr. -VIEIRAS) - video do subgrupo do subgrupo marado-podreiro-vieirista, despois da ultima purga (os mozos anovados foron reanovados) - e aviso a podreiros: gardians FPG impedirán calisquer cambio de chaqueteiro na dirección oposta - https://www.youtube.com/watch?v=1dj...

4 Rafael

Ben feito. Non sei eu qué facía un tipo como Casal nun partido como Podemos.

3 Terence Hill

Como siempre los progretas acaban como si fueran extras de una peli de Bud Spencer. La culpa la tiene Beiras por dejar entrar a la chusma.

2 Hai marea!!!

Agora faltan Marcos Cal, Luca e Paula Quinteiro. Nunca foron de Podemos mais que para sacar o sillón do Parlamento.E menos mal que non está o "enxeñeiro", xa se lle veía que tan sólo lle faltaba a boina cando falaba, con todo o respeto para quen use a boina. Boto en falta que alguén lle explique a En Marea que cando se votou, a xente creía que votaba a Podemos ¿porqué non queren logo os nacionalistas que apareza o nome de Podemos nas papeletas? Tan só falta que Marcos, Luca e Paula, ainda que estes son máis zorros. Agora anda a voltas Compostela Aberta intentando pescar en río revolto. Espero que máis antes que tarde, saia algún máis pola porta, porque o espectáculo é lamentable, e non precisamente por Podemos, senon por En Marea, a cal está demostrando a través de Villares e cía. que están millor noutros despachos ou vendendo bocatas antes que no Parlamento, porque non teñen o nivel que deberan. E istes son os que lle teñen que cantar as 40 ao PP?

1 Ouveos españolistas

Cálmate, tómate unha ducha fría para refrescar! Podemos e IU (PCE), indo sen o paraugas da Marea, igual non chegaban ao 5%, logo non estarían no parlamento galego. Reitero, para que recuperes a razón, sen a cobertura de determinados personaxes e medios aquí sodes unha nulidade. Así que un pouquiño de humildade que a modernidade de Podemos chegou tarde aos galegos e xa pasou a moda até nos madriles que tanto queredes imitar.

2 Rebuznos nacionalistas

5% dice gagagaga claro que sí. Gagagaga. Por eso En Marea está ferida de morte. Precisamente por andar con tonterías de estas, facendo lecturas das eleccións pasadas. Se Podemos ten a representación que ten dentro da Marea non creo que sexa por sacar ese suposto 5% Seguide así. A ostia vai ser tremenda. Hai Marea!!!

3 De Pablo a Pedro, progrelandia

Cupletista Madrileño, entendo o teu desespero e compadézote, a Marea de Podemos comeza a baixar despois do falso tsunami promocionado por La Sexta de Planeta. Fica a merdea!!!

4 O nacionalismo PROGRE

Retirareime entón a un cocho a ver o tremendo despegue do nacionalismo galego, que se preve apoteósico, como se ven confirmando eleccións tras eleccións.

1 Troll do BNG

3, 2, 1 piiiiiffffssssss. Adeus globo. Tic, tac, tic, tac, tic, tic, tic, ti, ti, ti, t, t, t, .......

1 Tom Cruise

Por Desgraza non vai recoller o bng os restos, mais ben están os sociatas frotándose as mans. No bng vivides con Pedro Duque noutra galaxia.bikos compatriota.